“22 segundos” e a súa autora Eva Mejuto en San Sadurniño





A tarde do domingo 27 de setembro, Pedro Brandariz tróuxonos á ALM de Buxantes unha morea de contos de michos.
Contos que transmiten valores, que divirten, que entreteñen; contos que gustaron moitísimo.
Agradecemos a colaboración de Pedro e a súa total dispoñibilidade para que a actuación poidera saír adiante da mellor maneira.


O pasado venres 25 de setembro estivo no Pereiro de Aguiar o Mago Teto co seu espectáculo “A incrible historia da maxia”, co que que deixou abraiados aos asistentes, tanto aos máis pequerrechos como aos maiores.
Sen dúbida foi unha xornada divertida e chea de maxia!


Unha tarde máxica a vivida na ALM de Olveira.
O mago Albert ten moito conto e con el nos entretivemos este sábado 26 de setembro.
Sinxelos números de maxia que entretiveron aos máis pequenos.

O venres 25 tivemos na nosa biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo, un escape room para achegar ás claves que destruiran ao meteorito antes de que chegara á terra. Foi un xogo de buscar pistas, facer cálculos, ler en morse… pasáronlo de medo.

O sábado, 19 de setembro, visitounos en Burela, Lucía Golán e Paula Regueiro, ou o que é o mesmo, TRÉMOLA TEATRO coa súa obra “Que animaliño é ?”.
Pasamolo moi ben, tanto nós coma os nosos pais en nais.Non sei quen o pasou meñor!!
Un día moi ledo , con Lucía e Paula. Grazas pola vosa proposta de teatro sensorial para todos nós.



A lúa coñece moitas historias máxicas, hoxe contounos algunha a nós acompañada de Ero de Trécola. Divertímonos moito coas súas aventuras.

Hoxe visítounos Trécola Teatro para contarnos dous gran contos ” Clementina e Artur” e a historia real dos pingüíns Roi e Silo. Tamén falaron de mulleres pioneiras na historia do feminismo. Foi un contacontos moi dinámico no que pequenos e maiores difrutaron moito.

Día 25 de setembro de 2020 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Temos a segunda actividade do programa Ler conta moito, trasladada á biblioteca escolar debido á situación que vivimos co coronavirus…
da man de Truque Matruque
o 25 de setembro, ás 11:00 na biblioteca escolar
co alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP de Escairón.
Achegámonos á figura da nosa gran poeta Rosalía de Castro a través da súa obra musicada en diferentes estilos musicais por Marcos:

Marcos xa nos visitara o ano pasado para achegarnos á figura de Rosalía, e como gustou tanto, volveu este ano con outra actividade:

Poden atoparse no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia en moitas bibliotecas os libros de Rosalía [consulta aquí os libros de Rosalía de Castro que hai na nosa biblioteca]


Séguenos