
Os trinta nenos e nenas que participaron na Escola de Verán do Pino tiveron o pasado 28 de xullo unha animada sesión de contacontos con “Un rato máxico” no centro sociocultural Luis Seoane do Pino. Durante unha hora prestaron moita atención ás historias que lles contaba Diego Calvorota, xunto cos monicreques e divertimentos de maxia que os fixo rir en máis dunha ocasión.
.

Este martes, 28 de xullo, pola maña tivemos a visita de dúas piratas na Biblioteca Municipal do Grove.
Anne Bonne e Mary Read contaron as súas aventuras e pediron axuda a os nenos e nenas que estiveron na biblioteca para atopar un tesouro.
Unha actividade moi divertida e participativa na que nen@s e país pasaron unha rato moi agradable.


O pasado día 29 de xullo O Mago Paco presentou os nenos e nenas de Vilasantar un espectáculo de contos e maxia moi divertido e entretido.


A cinecleta chegou a zona exterior da axencia de lectura de Santiso, para pasar una mañá moi entretida e coñecer a través de contos un pouco da historia do cine.



Contos con ulido, con sabor e con suspense. Palabras engaiolantes. Grazas, Fátima.

O mundo tradicional e o actual en contos con lendas de mouras e lugares máxicos do noso Concello.

Música, debuxos e contos. Divertidísima sesión.


Séguenos