Trinke-Trinke Teatro con … O ratiño Presumido na Biblioteca Municipal de Meis

A importancia de que nos coidemos persoalmente e que coidemos as relacións cos demais. Nais e pais axudan na representación dos persoaxes.

A importancia de que nos coidemos persoalmente e que coidemos as relacións cos demais. Nais e pais axudan na representación dos persoaxes.

A bravura de Dulcinea e a maxia do debuxo nunha interesante sesión en defensa dos dereitos das nenas.

Contos, libros e música sobre o respecto e o cuidado á natureza. Unha fermosa sesión.
O venres 25 de outubro, estiveron con nós “Polo Correo do Vento”. Canto disfrutamos. Facendo Biblioteca…
Fíxonos gozar describíndonos a súa traxectoria.
Fixo fincapé nas dificultades ás que tivera que enfrontarse a nivel profesional por ser muller.


Deixamos unha imaxe do Escape Room Atrapados con Alicia que se celebrou o pasado día 25 de outubro na biblioteca de Teixeiro.
Os rapaces e rapazas disfrutaron moito desta actividade.

O pasado venres, día 25 de outubro, puidemos disfrutar do espectáculo de maxia de Leo Leiño e a súa axudante Cris por segunda vez na Biblioteca de Riotorto.
Ambas lograron cos seus trucos de maxia e as súas ocurrencias despertar o interese dos máis pequenos así como dos adultos.
O espectáculo estivo cargado de trucos de maxia nos que se pretendía concienciar da importancia da igualdade e nos que os propios nenos e nenas participaron tamén.
Cos programas Ler conta Moito rematamos unhas intensas semanas de actividades nas Bibliotecas públicas de Carral. Nos pasados días Teatro Migallas tróuxenos os Contos do Chupete para fomentar os 
primeiros contactos da infancia cos contos e os libros. Gozamos moito coa papiroflexia que nos ensinou Miguel Cortés; con Conto Xogo aprendimos que os contos non teñen por que ter xénero, e tivemos unha tarde de música e contos cos ratos de Lonxedetodo (Trinketrinke Teatro) e a súa obra “O ratiño presumido”.
Agora xa nos imos preparando para as sesións de contacontos e animación á lectura que cada último xoves de mes facemos na Biblioteca da Casa da Cultura. Non paramos!


O conto do espantallo fixo as delicias dos nenos e dos pais; vestirse uns de cans, outros de gatos….e conxuntamente
a actuación dos pais e con unha historia tan agarimosa , foi unha despedida moi bonita.

Concerto musical de Papi&mami destinado a nenos e nenas de 0 a 3 anos que se realizou na biblioteca Municipal o día 22 de outubro de 2019.


Séguenos