Mega Obradoiro de Globoflexia 2.0 Maxia na Biblioteca Central de Cangas
O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas co divertidísimo Mega Obradoiro de Globoflexia 2.0 Maxia. Desfrutamos moito e quedámonos con ganas de máis.

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas co divertidísimo Mega Obradoiro de Globoflexia 2.0 Maxia. Desfrutamos moito e quedámonos con ganas de máis.

Para celebrar o día das bibliotecas, Lucía Aldao viu a Tui a falarnos de “A vez que vivín nun libro”. Foi un encontro ca nosa rapazada cheo de reflexión, humor e moito debate, que deu moito que falar os asistentes.


O pasado día 24 a Biblioteca Municipal de Quiroga celebrou o Día das Bibliotecas en colaboración co IES Quiroga. Visitaron as nosas instalacións alumnos/alumnas de 1º e 2º da ESO. Logo do percorrido pola Biblioteca participaron na actividade ” BIBLIOCANTA”, a cargo de EUVÍA XESTIÓN CULTURAL. Foi unha actividade participativa e dinámica na que se puxo de manifesto a importancia de manter viva a tradición oral . 

Marisa Irimia achegounos ata a biblioteca de Buxantes a figura de Castelao como debuxante.
Cun obradoiro creativo de ilustración, a rapazada coñece un pouco máis de Castelao de maneira divertida. Exploraron o seu estilo artístico creando viñetas, caricaturas e debuxos inspirados no seu entorno. E ata crearon a súa propia historia relacionada co debuxo que antes realizaron.

O pasado martes, nenas, nenos e adultos da Biblioteca Municipal Os Templarios disfrutaron de arrolos,cantigas de berce e nanas

Festexamos o día das bibliotecas con Bea Campos e os seus “Contos con Xeito”, a verdade que o pasamos moi ben, os nenos e maiores divertímonos moito ca contada.


O pasado 24 de outubro a Biblioteca foi tomada por pequenos e pequenas detectives que grazas a cooperación e ao enxeño resolveron os misterios agochados entres os estantes de libros.
Unha actividade moi divertida coa que celebramos o día da Biblioteca para chegar este espazo aos pequenos e pequenas do noso concello. Misterios resoltos!

O día 6 de agosto na Área Recreativa de Samugueiros, Xoán Curiel ofreceu un concerto especial no que cantou a autores e autoras relevantes para as Letras Galegas.
Foi un concerto participativo e conmemorativo para todos os públicos.

Día 24 de outubro de 2025 ás 21:30, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Sabes coser? obradoiro de contos sobre igualdade
da man de Anxo Moure
o 24 de outubro, ás 21:30
Despois de cear, saímos ó patio da biblioteca para recibir a este estrafalario e sorprendente gardador de historias dos bosques e da natureza, que chegou coa súa ciclobiblioteca para contarnos historias da natureza, dos bosques, de seres fantásticos, lendas próximas e historias lonxanas, todas elas falando de igualdade, solidariedade, amor e fantasía.

Escoitamos, cantamos, saltamos, berramos, bailamos e paseamos na caixa de historias da ciclobiblioteca…e tamén guiamos a bicicleta, non só os seres humanos diminutos, se non tamén os máis grandes.


En resume, pasámolo xenial! E rematamos o día de festa cun pequeno espectáculo sorpresa!
Día 24 de outubro de 2025 ás 20:00, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Lettering co Cancioneiro Popular Galego
da man de Velaísca
o 24 de outubro, ás 20:00
Despois de viaxar pola galaxia, relaxámonos na nosa terriña galega, e despois de facer un rato de caligrafía de lettering para acostumarnos a facer os trazos, escollemos un verso que nos chamara a atención dos moitos que nos ofrece o cancioneiro tradicional galego.

Fixemos auténticas preciosidades, e rimos con algúns dos inesperados versos. Tamén sabemos que temos moitos cancioneiros tradicionais galegos na biblioteca.


Séguenos