Lembranzas da Carolina na BPM do Milladoiro (Ames)
Coa galiña Carolina, á que lle encanta voar, o pasado xoves 26 de setembro, reflexionamos sobre a amizade, a igualdade e o respecto.
Coa galiña Carolina, á que lle encanta voar, o pasado xoves 26 de setembro, reflexionamos sobre a amizade, a igualdade e o respecto.
O pasado mércores 25 coñecemos a Carolina, unha galiña que ten as cousas claras desde pequena e ao longo do espectáculo fomos vendo como se convertía nunha galiña empoderada, defensora da amizade e da igualdade.

A aventura de Daniela Pirata, de Carla Muñiz. Piratadas na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán.

O pasado mércores, 25 de Setembro, tivemos o pracer de desfrutar en Darbo da visita de Atenea García de Xarope Tulú coa súa obra “Estrafalaria”.
Desfrutamos dunha entretida sesión de contos nos que as súas protagonistas son considaradas estrafalarias por ser o que queren ser. O público quedou encantado coa actuación.

O xoves 26 de setembro pasou o mago Pedro Bugarín pola biblioteca de Lorbé e, co seu novo espectáculo familiar “4.0 Maxia para todxs”, fixo que todos os presentes pasáramos unha tarde realmente divertida e máxica.
Nenas e nenos estiveron encantados de participar en varios trucos, que a máis de un e unha nos deixaron coas bocas abertas. Foi unha sesión dinámica e moi divertida.

O pasado 25 de setembro estivo con nós na biblioteca de Mondariz-Balneario a maga Leo Leíño, que nos trouxo unha actividade espectacular de maxia, coa que quedamos abraiadas e abraiados. Mediante a maxia, Leo e a súa axudante Cris, explicaronlles á cativada dun xeito moi fácil de comprender, que era o bulling, a figura do maltratador e do abusón, as desigualdades entre sexos, etc. Actividade moi moi recomendable para as bibliotecas!!
Esta segunda semana visitaron o centro sociocutural do concello de Bóveda (Lugo):
Anxo Moure coa súa “Fábrica de corazóns de papel reciclado” e Sabela Cortizas coa súa proposta “Vermella”. Dous grandes contadores con actividades interactivas e educativas que fixeron as delicias das persoas que asistiron e axudaron moito nesa tarefa de educar contra a violencia de xénero e pola igualdade e a ecoloxía.

As coidadoras dun zoo contáronnos dúas historias. Por unha parte, no conto de Ernesto e Clementina atopámonos cos atrancos de Clementina para facer realidade os seus soños, pola outra, Roi e Silo, dous pingüíns macho, queren ser pais. O resto das parellas forman familias, eles non saben como facelo… e ao final, conségueno. Ademáis faláronnos de mulleres que abriron portas en diferentes campos.

Os nenos e nenas do Colexio Mato Vizoso, visitaron hoxe a Biblioteca Municipal de Vilalba e disfrutaron con os contos e as cantigas de Caxoto
Tarde de diversión con Ghazafelhos e a súa máquina do tempo que nos teletransportou por varias etepas da evolución do ser humano. Actividade entretida, instructiva e moi participativa, chea de risas e anecdotas.




Séguenos