A INCRIBLE HISTORIA DA MAXIA EN TORDOIA
O MAGO TETO CONTOULLES AS RAPACES E RAPAZAS DE TORDOIA HISTORIAS SOBRE A MAXIA A TRAVÉS DE XOGOS E OUTRAS ACTIVIDADES BASEADAS EN SEGREDOS FÍSICOS E MATEMÁTICOS CON APOIO MULTIMEDIA.

O MAGO TETO CONTOULLES AS RAPACES E RAPAZAS DE TORDOIA HISTORIAS SOBRE A MAXIA A TRAVÉS DE XOGOS E OUTRAS ACTIVIDADES BASEADAS EN SEGREDOS FÍSICOS E MATEMÁTICOS CON APOIO MULTIMEDIA.

O venres 19 de outubro visitou a Biblioteca de Paiosaco A máquina do tempo de Teatro Ghazafelhos

A doutora Mon e o seu axudante achéganos a diferentes idades da historia da humaninade, desde o traslado dun troglodita a nosa época… até poder sentir a Leonardo da Vinci….
Os asistentes tomaron protagonismo durante toda a contada, sendo unha parte fundamental para o bo desenvolvemento da obra.
O pasado mércores 17 comezamos as celebracións do Día da Biblioteca con Teatro Calavera, que nos trouxo a aloucada historia de amor do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa. Finalizou a actividade cun obradoiro de decoración de madalenas con pasta de azucre.
Pasamos unha tarde moi divertida!!!

Contos, cancións, música, instrumentos, campás, animais,…tecido pola voz e a arte de Charo. Letra e música da súa autoría coas que nos fixo disfrutar e que a súa visita soubese a pouco.

Divertido, dinámico, participativo e didáctico espectáculo-charla científica de inspiración Literaria. A través de experimentos espectaculares David Ballesteros foi percorrendo o mundo creado por J. L. Rowling e analizando desde a óptica da Ciencia a viabilidade no mundo real ou non do universo literario de Harry Potter. A rapaces e rapaces entran moi ben e moi rápido no espectáculo xa que David ten unha gran capacidade para atraelos cos seus experimentos e a súa forma de explical
os.

O pasado xoves 11 comezaron as actividades que se propoñen desde o Concello de O Pino para conmemorar o día Internacional das Bibliotecas que se celebrará o próximo 24 de outubro.
Foron os rapaces de 3º da ESO do CPI Camiño de Santiago os protagonistas do obradoiro de #Lercontamoito impartido por Yago García Rodríguez: Desenvolvemento da creatividade a través do debuxo. Neste obradoiro descubriron diferentes técnicas creativas e se desinhibiron á hora de crear novas ideas a partir de puntos, círculos, visións e outras moitas que se lle propuxeron.
Foron dúas horas que non chegaron a nada, cheas de risas e de creatividade e das que saíron cun montón de propostas para os momentos de bloqueo. 



Actividade moi interesante para divulgar o coñecemento e a experimentación.
A modo de Museo onde está PROHIBIDO NON TOCAR, preséntannos unha serie de obxectos que espertan a curiosidade do público, non só infantil.
Os nenos e nenas teñen oportunidade de experimentar, tocar e comprobar a súa “maxia”.
Este Museo está magníficamente guiado por Xesús Fernández e Lana Rodríguez que saben transmitir e contaxiar a curiosidade de cada experimento.
Un dos maiores atractivos foi a Bola de Plasma, que algúns xa pensan pedir aos Reis…
Tamén o Motor Stirling lento, que funciona tanto cun foco de enerxia quente como fría, ou o Móvile, elemento que permanece nun movemento continuo.
O pédulo de Newton, que nos explica a transformación da enerxía potencial en cinética, os Patos Bebedores, ou a evolución que podemos apreciar nas Memorias informáticas. Tamén está presente a lei de Moore, o Principio de Arquímedes e o de Pascal a través do Diábolo de Descartes.
Non faltan panais de abella ou os estudios da Divina proporción, coa sucesión de Fibonacci…
Remata o percorrido cun divertido experimento dun vaso con auga, boca abaixo e só suxeito cun pedaciño de folio.
Actividade moi ben valorada por todos e todas as participantes.

CARTEL


O xoves, 18 de Octubro, visitounos na biblioteca no Centro Cívico de Vite en Santiago de Compostela “O Faiado de Nin” que desenvolveu un creativo obradoiro de bolsas, onde os participantes personalizaron os seus deseños relacionados co mundo dos libros. Con fieltros, retais, cintas, abelorios…..,deron renda solta a súa imaxinación,creando unhas mochilas cheas de historias.
Tarde de sorpresa e animación co obradoiro de Laura Alonso

Que sorpresa é dárlle vida aos debuxos!!

A biblioteca de Caión encheuse de aprendices e futuros artífices da próxima fornada no ámbito da animación.


Séguenos