A maxia de Ler conta moito chegou a Ares

O mago Francisco …dando clase de maxia a os nosos pequenos..
Por certo! tiña a clase chea de vos alumnos…..


Todos moi atentos na actividade…non querían perder nin un chisco da maxia…

O mago Francisco …dando clase de maxia a os nosos pequenos..
Por certo! tiña a clase chea de vos alumnos…..


Todos moi atentos na actividade…non querían perder nin un chisco da maxia…
Divertido e emotivo: as malas novas sobre a violencia de xénero se transforman en corazóns de papel reciclado feito no obradoiro polos nenos e nenas.



Laboratorio de Radio achegou aos nenos e nenas da biblioteca algúns dos elementos da linguaxe radiofónica: a voz, a música o silencio…

Para a continuación gravar un fragmento dun conto, ilustrado sonoramente con distintos aparellos, algún deles elaborados por eles mesmos.

Un grupo de nenos e nenas pasárono en grande con Inacio Vilariño de Fantoches Baj. Contos e cancións para enfrontarnos a todo tipo de medos e situacións perigosas.

O martes, 23 de Xullo visitáron a biblioteca de Paradela, Ían & Elisa cunha actividade moi divertida. Un obradoiro de globos, que mesturou maxia, música, inglés e moita diversión.
Os nosos nenos e nenas aprenderon a facer un montón de obxetos e animais con globos (sombreiros, espadas, cans, …), parece sinxelo pero sen as explicacións e a axuda de Ían & Elisa seguro que os resultados non serían os mesmos.
Pasámolo xenial!!



O día 23 de xullo, tivo lugar a actividade: “Se as árbores falaran”, contemplada dentro do catálogo do Programa Ler Conta Moito, na Biblioteca de Riós por parte da Compañia: Charlatana Cooperativa.
A actividade fíxose ó aire libre e foi moi divertida e cívica, pois tratábase de que os/as asistentes descubrisen o importante que é valorar o medio ambiente e o planeta onde habitamos.
Igualmente se lles trasladou a necesidade de ler e de contarlle a todos o aprendido nesta actividade


“O Mago Teto na Biblioteca de Arbo”
Un paseo moi entretido pola Historia da Maxia, que nos levou dende os inicios, (fai máis de 4500 anos), no Antigo Exipto , pasando pola maxia chinesa, a Idade Media, cos primeiros libros publicados sobre maxia, (grazas a imprenta), achegándonos a Copérnico, Newton, ata o 1º libro de maxia en español, alo polo 1723, titulado “ Juego de manos” , pasando pola maxia no cine, os magos galegos e rematando con Juan Tamariz. Todo isto entretexido con xogos de maxia moi entretidos ( cubiletes, cordas, aros, cartas, etc ), que fixeron a ledicia de pequenos e maiores ¡¡Todo un espectáculo !! Moitas grazas, Héctor.


Mago Teto comeza


Actividade moi creativa e dinámica, onde se mestura literatura e plástica, narración e obradoiro, desta forma os nosos cativ@s e non tanto, puxeron en práctica as súas magníficas dotes artísticas. A galiña Rosiña quedou marabillada co fantástico galiñeiro de Aldán…

Obradoiro iniciación a escritura Chinesa
Éxito do obradoiro de Caligrafía chinesa “Os catro tesouros” levado a cabo pola Axencia de Lectura Municipal de A Lama.
A actividade destiñada a familias suscitou gran interese por parte dos participantes que experimentaron as normas básicas para realizar trazados caligráficos e coñecer os caracteres do chino mandarín.
Un encontro que soubo a moi pouco, impartido por Miguél Ángel Cortés quen enseñou a máis de vinte rapaces e pais as ferramentas e técnicas para practicar o idioma do que Pablo Picasso dixo: ”Si houbera nacido chino habería de ser calígrafo e non pintor”.

O domingo 21 Pakolas visitou As Pontes co seu espectáculo muiscal Cores, contos e Rock’n’Roll. Nestas xornadas nas que o bo tempo nos permite trasladar a biblioteca ao parque, desfrutamos da boa música e da enerxía que sempre nos trae Pakolas. Ademais nesta ocasión tamén dos debuxos de Laura Romero que aos nenos e nenas das Pontes encantáronlles.


Séguenos