Divermaxia co Mago Richard na Casa da Cultura de Portosín
Os nen@s pasaron unha mañán fantástica co Mago Richard que os transportou a un mundo máxico da lectura coas historias tematizadas en contros tradicionais . Participación activa do público. 
Os nen@s pasaron unha mañán fantástica co Mago Richard que os transportou a un mundo máxico da lectura coas historias tematizadas en contros tradicionais . Participación activa do público. 
“A través da máxica niñeira nos adentraremos nun mundo no que a literatura e os libros nos farán soñar e vivir aventuras inimaxinables, xa que virá a visitarnos a mesma Mary Poppins en persoa”
Este encabezamento co que Leo Leíño fai a promoción da súa actuación xa nos adiantaba que iamos ter unha tarde divertida e chea de trucos de maxia con Mary Poppins (libros nos que prendía o lume, coellos que saían da chistera, etc.), todo elo formou parte dunha actuación con dramatización, música e moito humor por conta dunhas magas moi expertas que ao longo dunha hora non defraudaron nin a cativ@s nin a maiores.


Os biotecnólogos de Ribadumia resolven o crime da Biblioteca Municipal e recuperan un libro dos máis cotizados.
Este pasado luns entre as 17.00 e 18:15 hs e despois de separar varios ADN´s, os nen@s de Ribadumia, chegaron a conclusión que o asesino e ladrón era o Encargado da Biblioteca Municipal.
Este pasou a disposición xudicial e ingresou no carcere e o libro voltou ao seu lugar na Biblioteca.
O martes 16 de outubro e seguindo coa nosa programación do Mes das Bibliotecas, tivemos os “Contos do chupete” da man de Migallas Teatro na nosa biblioteca onde o pasamos de rechupete. Foi unha sesión de contos para bebés na que se integraron música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral.
Foron moitos os bebés que xunto con pais e nais quixeron pasar unha tarde tenra e familiar, e disfrutar cantando, tocando palmas e facendo sons. Non hai máis que ver as súas caras de disfrute 😉

E como parecía que non lles chegaba a sesión 🙂 , Bea e o seu compañeiro ofreceron unha derradeira no exterior da biblioteca aproveitando a boa tarde que quedou. Alí, xa libremente, os cativos que non tiveron que marchar, achegáronse a tocar os instrumentos musicais e disfrutaron un bo anaco.

Moitas grazas a Migallas Teatro por esa tarde tan familiar e divertida. Un pracer teros connosco e ata outra!
Dondondirindonga e Dondondirindón son dúas campás que viven no alto dunha torre. O mundo todo coñece o seu cantar, pero un día as campás enmudecen. Quen será capaz de devolverlles a voz?

O mundo dos sons a través de instrumentos musicais como a guitarra e o tambor conseguiron captar a atención dos pequenos e pequenas que en todo momento sentían curiosidade polas historias que contaba Charo Pita, tamén contemplaron como un pitiño saía dun ovo de peluche. A interacción entre os participantes e Charo foi constante, iso fixo que a media hora que durou o contacontos pasase moi axiña, pequenos e grandes saíron satisfeitos desta actuación.

Onte pola tarde, foi unha tardiña… cós contos para bebés de Pavís Pavós, non solo os máis pequenos disfrutaron …..
¡¡ Agardamos volver a veros !!


Da man de Patricia Ramírez de Eduvía desfrutamos dunha tarde en familia moi especial na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña.

A través dos contos as familias aprenderon un pouco máis das súas emocións, a identificalas, recoñecelas e poñerlle nome. Éstas son as bases para que aprendan a controlalas, xestionalas e utilizalas a través da intelixencia emocional.
Prestar atención ás emocións e saber adestralas permitará afrontar o día a día familiar dun xeito máis eficiente, e levará como garante que os nenos e nenas se convirtan nun futuro en persoas adultas máis felices.
A actividade estaba enmarcada dentro dun ciclo temático “Cre en ti”, un ciclo pensado para axudar a mellor a nosa calidade de vida acadando metas e obxectivos mudando hábitos e comportamentos e sobre tomando conciencia do momento presente. A mostra abrangue diversas actividades e a selección dun fondo documental específico.





Tarde máxica en Vedra no que cativos e maiores gozaron de trucos de maxia espectaculares nos que combinaron elementos tradicionais coas últimas tecnoloxías deixando aos presentes coa boca aberta.
Leo viaxou a países máxicos como India, China e Exipto para aprender trucos de maxia, tamén estivo co Principiño que lle regalou un planeta. Co que aprendeu en cada lugar as crianzas pasárono de marabilla. Tamén foi divertida a granxa que se formou coa intervención da rapazada. Todo estivo acompañado pola música e por efectos especiais que converteron a actividade nunha festa na que os fíos conductores foron os libros.


Séguenos