Obradoiro de pasta de azucre co cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa

Antón e Tomasa cociñaron unha bonita história e fixeron unhas madalenas que compartiron con todos os usuarios

Antón e Tomasa cociñaron unha bonita história e fixeron unhas madalenas que compartiron con todos os usuarios
Enrique Mauricio e Carlos Taboada,“ Polo Correo do Vento ” , presentaron na biblioteca de Sober :
María Victoria Moreno , unha historia de amor.
Contos e debuxos sobre a autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas.O público asistente coñeceu a vida e a obra desta autora, a través dos contos de Quique e os excelentes debuxos de Carlos. Para rematar cada asistente fixo unha caricatura da autora seguindo as instruccións de Carlos Taboada.


E o día 25 de maio, dentro da programación das Letras Galegas, tivemos a Pablo Díaz, que veu visitar aos nenos e nenas do CRA de Bergondo.
Pasárono en grande cantando as súas cancións!


O 16 de maio tivemos en Bergondo dúas sesións deste obradoiro cos/as nenos/as de 4º, 5º º 6º de primaria.
Un momento lúdico onde mentres Enrique Mauricio lles falaba aos nenos/as da vida de María Victoria Moreno, Tania Solla realizaba ilustracións sobre ela.


Filipa e o seu compañeiro Fran estiveron en Valga contándonos os contos de María Vitoria Moreno, r
imos
, pasamos medo e cantamos con eles
Na biblioteca despedimos maio por todo o alto con dúas actividades. O mércores visitounos Trinke Trinke co seu espectáculo “Avós”, na que a ratiña Lili Gruyére cantou, contou e fíxonos pasar unha mañá fantástica aos asistentes. Xa o venres acompañounos Charo Pita, co seu espectáculo Dondondirindonga e Dondondirindón, fíxonos gozar moitísimo.


O venres 1 de xuño tivo lugar un contacontos teatralizado da man de Producións Dispersas titulado “O souto dos prodixios” , espectáculo con música, teatro e danza no que os nenos participaron moito.
O souto dos prodixios é un lugar onde todo pode suceder. Non hai nada imposible baixo os castiñeiros: Os ourizos falan en varios idiomas, os raposos cantan ópera lixeira, os sapos compoñen poemas que riman, os osos fan punto de cruz nas silveiras, temos xirasoles que dormen de día e as estrugas non pican se lles chiscas un ollo.
Estas son as fotos dos nenos que asistiron e que amosan o ben que o pasaron.






Actividade moi divertida na que non falta a maxia e a boa interpretación
de Basilio e Carlos para presentarnos toda clase de libros que podemos atopar na biblioteca.
Para celebrar as Letras Galegas, visitou a nosa BPM do Grilo-Cacheiras Xarope Tulú con “María e os ollos alabarados” . Tomando como base textos e relatos de Maria Victoria Moreno desfrutamos dunha tarde de contos e anécdotas da homenaxeada neste ano.

O mércores 30 de maio coincidindo coa festa de fin de curso das tardes divertidas do Concello, o Mago Paco presentounos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levou a nenos/as e maiores a descubrir a “maxia divertida” que esconden os contos.



Séguenos