MUSICA E LIBROS CON MANOELE DE FELISA

Mércores 26 de abril os nenos do CPI Cabodaarea pasaron un ratiño moi agradable con Manoele de Felisa e os seus contos musicalizados.

Mércores 26 de abril os nenos do CPI Cabodaarea pasaron un ratiño moi agradable con Manoele de Felisa e os seus contos musicalizados.

Para celebrar o día da biblioteca tivemos esta tarde a Fátima Fernández con “Contos revoltos”: Cancións, sustos, animais,… pasámolo moi ben.
Hoxe visítanos en Celanova o Mago Paco, e ven para facer pasar un bo rato a grandes e pequenos. A mestura de contacontos e efectos máxicos parecen unha boa combinación para celebrar o Día da Biblioteca.
O luns 23 de outubro Trinke trinke fixo unha parada en Oubiña, para que os nenos desta parroquia coñecesen tamén a súa versión ratoniana de Os ratiños da caixa. Os rapaces e pais que participaron puideron gozar dunha sesión moi divertida e chea de sorrisos… velaí van algunhas fotos que así o reflicten:


Ó principio, Electra, presentoulle ós asistentes Rosiña, a galiña poñedeira que vai ser o fío condutor da actividade.
Electra ensínolles os ovos que puxo no seu curral Rosiña. Eran a imaxes de personaxes de contos: Caperucita, a avoíña, Pinocho, a Sirenita, un cerdito….
Despois os nenos asistentes, seguindo unha receita que lles deu Electra,
crearon os seus propios personaxes.
O Concello de Marín e a Biblioteca Púbilica Municipal “Vidal Pazos”, celebraon o día 21 de outubro, un acto para os nenos e nenas con motivo do Día da Bbilbioteca.
Representouse o pequeno musical “Lúa en Vila dos Libros” a cargo da compañia Gua Gua Teatro.
Obra destinada a nenos e nenas en idades comprendidas entre os 2 e 7 anos. Nesta representación mestúrase o teatro e a música dirixida aos pequenos.
Marín súmase así aos actos que se levaron a cabo, dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

Con motivo do Día das Bibliotecas Escolares e mais do Día da Ciencia en Galego, a Biblioteca Municipal “Varela Jácome” de Lalín acolleu o pasado 21 de outubro a actividade “A ciencia é divertida”, de Nita, dentro do programa da Xunta de Galicia “Ler Conta Moito”. Foron dúas quendas, a primeira para nenos e nenas de 2 a 5 anos, e a segunda para cativos e cativas de 6 a 9 anos; en total, 41 rapaces e rapazas puideron experimentar como a ciencia está presente na súa vida e foron capaces de comprobar que o proceso de aprendizaxe pode ser tamén un proceso divertido.
Día 20 de outubro de 2017 das 10 da mañá ata a medianoite, na biblioteca de Escairón
O día 24 celébrase o Día da Biblioteca, e na biblioteca, debido ó éxito acadado en anteriores edicións (esta é a cuarta), decidimos adiantar a celebración ó venres e non pechar en todo o día. Así tivemos actividades de moi diverso contido, empezando con visitas escolares ó longo de toda a mañá e non rematando ata a medianoite.
Ás 10:00 chegou o primeiro dos grupos escolares (4º, 5º e 6º de Infantil do colexio de Escairón) e ás 11:15 chegou o grupo da Escola Infantil Municipal, que viñeron coñecer a biblioteca e que se entretiveron e divertiron cos contos prohibidos Hola, cartero, Pezzettino ou Soy el más guapo.
Ás 12:00 chegaron os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria e ás 12:45 os de 4º, 5º e 6º de Primaria, que despois de repasar o aprendido sobre O Saviñao na visita do ano pasado (fixemos exame e non se libraron tampouco os profes, que xa están avisados para a próxima), continuaron vendo como é que un libro pasa a formar parte do fondo da biblioteca e se pón a disposición do público: como lle poñemos o identificador de código de barras para facer o empréstito no novo Sistema de Xestión Bibliotecaria. Por grupos, identificamos e etiquetamos varios libros da sección xuvenil, que xa están colocados onde lles corresponde. Ademais aproveitamos para recordar que había máis actividades pola tarde.
De 14:00 a 17:00 reservamos tempo para as visitas guiadas á biblioteca.
Ás 17:00 a nosa primeira sesión “oficial” de Contos Prohibidos da tarde, na que cada quen mirou e remirou os títulos que temos dispoñibles.
Ás 18:30 (despois da merenda) coñecemos A superavoa de Antón da Organización Meu Rei (que colabora coa Fundación Meniños de Galicia)(a partir de 3 anos e público familiar), que rematamos cun obradoiro artístico. Un breve resumo é este:

Toda a tarde estivo chea de contos, moitos deles que foron prohibidos. No obradoiro d’A superavoa de Antón, creamos unha chea de personaxes en pedra entre a hora da merenda e a da cea!
Ás 19:30 a segunda sesión sesión “oficial” de Contos Prohibidos durante a que vimos novamente Hola, cartero, Orellas de bolboreta, e outros varios que representamos por grupos: Pezzettino (en italiano), Mi perrito quiere bailar ballet, ou Soy el más guapo.
Ás 20:30 Xogos por equipos e unha apetitosa cea para que a fame non acabara coas ganas de diversión.
Ás 22:00 vimos que As cousas pequenas contan (do repertorio do programa Ler conta moito). Con el soubemos que calquera obxecto nos pode servir para crear personaxes e inventar historias. Coas historias inventadas durante o obradoiro fixemos un precioso conto!
A partir das 23:00 relaxámonos con música e baile, e non faltou o karaoke!

As cousas pequenas contan leváronnos a inventar personaxes e historias, coas que se fixo un libriño que podedes atopar na biblioteca. Rematamos con baile e karaoke.
A medianoite despedímonos con poucas ganas de marchar para a casa.
Esperamos que o pasarades moi ben e que sigades con ganas de visitar a vosa biblio. Nós xa estamos pensando a ver como o celebramos o ano que vén.
Agradecemos de corazón a participación nas actividades e alegrámonos de que o pasarades tan ben que non quixerades marchar para a casa.
En Ponteareas, para celebrar o día da biblioteca contamos con Fran de Bandallo Azul que durante a sesión de contacontos mesturu cancións en directo, con contos e xogos.
O público gozou especialmente coa monicreque FLIPA, unha simpática anciá que divertiu a todos.


O pasado venres comenzaron as conmemoracións nas bibliotecas de Redondela polo Día do Libro coa actuación de “Polo correo do Vento” co seu contacontos dedicado a Rebeca Atencia.
A continuación, cada neno realizou a súa propia caricatura de Rebeca.
Para rematar, todos achegaron a súa dose de cor aos debuxos realizados por Polo Correo do Vento.
Dicir que, tanto nenos como adultos, gozaron a rabiar e interactuaron en todo momento


Séguenos