Filipa cos Contos na ALM Os Tilos-Teo
Este sábado tivemos a visita de Fran Campos e a súa compañeira Filipa. Xuntos cantamos, escoitamos contos e pasámolo xenial nunha sala chea… Que máis poderiamos pedir?

Este sábado tivemos a visita de Fran Campos e a súa compañeira Filipa. Xuntos cantamos, escoitamos contos e pasámolo xenial nunha sala chea… Que máis poderiamos pedir?

Pablísmo engaiolou aos asistentes con contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas…Este sábado 21 de outubro e anticipándonos a celebración do Día da Biblioteca visitounos, Paco Nogueiras co seu espectáculo “Brinca vai! De aquí a acolá” no que se combinan cancións, e interpretacións con ritmos moi divertidos. Os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samaín, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua son parte dos temas do seu repertorio, dirixido a nenas e nenos de todas as idades. Todo un éxito de participación tanto de xente miúda como de maiores.

dav
Actividade moi entretida na que os nenos e nenas puideron “viaxar” por outras culturas e poder experimentar todas esas vivencias que teñen noutros lugares do noso planeta.

Dous improvisadores levaron a cabo esta actividade no Centro Social Municipal de Maiores fomentando a axilidade mental, creatividade mediante poesía “satírica”
O sábado na BPM de Ourol tivemos a Efervesciencia cun obradoiro moi interesante onde aprendemos o que era a biotecnoloxía e onde os rapaces/as puideron practicar con materiais moi sinxelos. 
Hoxe sábado tivemos como convidada a Celtia Figueiras cos Contos do outono, que deleitou aos
asistentes coas súas hitorias desta época do ano
.

O venres día 20 de outubro co motivo da celebración do Día da Biblioteca os nenos e nenas de Alfoz desfrutaron dunha sesión de contacontos e cancións tradicionais da nosa lingua, achegándose ó cancioneiro tradicional galego e así non esquecelo.


Neste obradoiro máxico nenos e nenas fixeron os seus propios utensilios para facer maxia e ao rematar o obradoiro asistiron emocionados á actuación do Mago Albert, quen fixo moitos trucos máxicos nos que solicitou a colaboración do público asistente, que non se fixo de rogar.
Foi unha sesión moi divertida para pequenos e maiores.

O 19 de outubro a Biblioteca encheuse de Maxia con Leo Leiño, foi unha tarde moi sorprendente e divertida tanto para os 36 nen@s como para os pais e nais que os acompañaron.
Unha hora de fantasía que se fixo moi, pero que moi curta.



Séguenos