SHEREZADE BARDAJÍ NA BIBLIOTECA DE MUXÍA

O venres 9 de xuño, estivo na Biblioteca de Muxía Sherezade Bardají con “A viaxe de Toribio”, actividade de Ler Conta Moito.
Aquí podemos vela ensinando un xogo a tres voluntarias do público:


O venres 9 de xuño, estivo na Biblioteca de Muxía Sherezade Bardají con “A viaxe de Toribio”, actividade de Ler Conta Moito.
Aquí podemos vela ensinando un xogo a tres voluntarias do público:

O pasado 10 de xuño a biblioteca acolleu “A viaxe de Toribio” incluida dentro do programa “Ler conta moito”
aínda que estaba boa tarde os que viñeron pasárono moi ben, actividade dinámica e participativa.
![]()
Paco Cerdeira “Pakolas” interpreta en directo unha escolla dos seus temas para público infantil, con música rock, sempre cunha mensaxe final, formando así unha fermosa parábola da que aprender e na que pensar.

TARDE 


TARDE DE POESIA CANTADA CON MANOELE DE FELISA NO NOSO CLUB DE PRELECTORES.
CANCIÓNS PARA SALTAR CANCIÓNS PARA SOÑAR E RELAXARSE .
FOI UNHA ACTIVIDADE FERMOSA E DE ACERCAMENTO A POESÍA DOS MÁIS CATIVOS.
ALTAMENTE RECOMENDABLE E MÁIS SE OS NENOS E NENAS YA COÑECIAN ALGUNHAS CANCIÓNS COMO FOI O CASO.
O venres 9 de xuño a Sala infantil da biblioteca de Chantada encheuse cos máis pequenos, que gozaron dunha actividade chea de sons, sensacións e historias que lles iba narrando Sherezade.




Xulio Carballo Dopico presentou a súa proposta : LER A NOSA BD! : Unha viaxe polas obras e autores da Banda Deseñada Galega. Foi na biblioteca de Sober o mércores 7 de xuño ás 19:00.
O público estaba formado polos integrantes do noso club de lectura, “Pintor de Castinande”, que asistiu moi interesado as explicacións que Xulio nos deu, facendo un percorrido histórico polo cómic galego. Apoiado por imaxes, e coa súa boa disertación, as persoas asistentes quedaron moi satisfeitas deste encontro. Nel aprendemos moitas cousas dos nosos ilustradores, grandes debuxantes recoñecidos a nivel nacional e tamén internacional.


O día 8 de xuño contamos coa presenza do Mago Paco que coa súa maxia encheu a biblioteca de Coiro.
Pudemos desfrutar de trucos de maxia e contos cos que o Mago Paco arrincou risas e a participación dun
animado público asistente.
Foi un serán máxico de xuño entre libros e trucos.


O mércores 7 de Xuño Luís Vallecillo visitounos co seu espectáculo Cantamos un conto?. Cancións pegadizas e con moito ritmo que engaiolaron ó público dende o primeiro momento. Xan sen medo, Os tres porquiños ou A galiña azul foron algúns dos temas interpretados. Nenos e maiores pasamos un rato moi divertido entre contos e música.
ESPECTÁCULO CHEO DE SENSACIÓNS,SON ,PALABRAS E MÁXIA.
OS NENOS DESCUBRIRON E OS PAIS DISFRUTARON .FOI FENOMENAL.





Séguenos