O Xigante DE Elefante Elegante
ACTIVIDADE PRECIOSA NA QUE A PALABRA ACOMPAÑADA DO XESTO E A MÚSICA ,TODO MANEXADO POR GONZALO ,RESULTA UN ESPECTACULO COMPLETISIMO ,DIVERTIDO E MOI EDUCATIVO.


ACTIVIDADE PRECIOSA NA QUE A PALABRA ACOMPAÑADA DO XESTO E A MÚSICA ,TODO MANEXADO POR GONZALO ,RESULTA UN ESPECTACULO COMPLETISIMO ,DIVERTIDO E MOI EDUCATIVO.



Onte, 24 de maio, na biblioteca Monte Alto (A Coruña) tivemos a inmensa sorte de gozar do espectáculo de Migallas “Contos do chupete“. Un pequeno lobo nada disposto a soltar o chupete levounos dun conto a outro e dunha canción a outra: “Chibos chibóns“, “Os tres poquiños“, “Polo camiño” e “Lúa” fixeron as delicias de grandes e pequenos.


Como podedes ver nas fotos, foi un tarde marabillosa, chea de música, risas e, sobre todo, fermosas lecturas! Grazas, Bea e Paolo!
O pasado venres a ALM de Vilariño tivo a visita dos monitores de Eduvia Educación que propuxeron aos nenos e nenas o Gran Xogo das Letras Galegas… pasaron unha divertida tarde na que demostraron estar ben ao tanto dos e das grandes da nosa literatura, e como non, do homenaxeado este ano, Carlos Casares.

18 maio 2017

Babacontos con Carlos Casares na Biblioteca Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, a cargo de Larraitz Urruzola, quen consegueu entreter a todos os participantes coas historias de Toribio e e a máquina contadora de contos con efecto retardado ou a bomba da felicidade….
Uns minutos de relax para buscar as plumas da galiña azul [non sabemos se as atoparon ou seguen a voar por antre os libros!!]


E un remate con enerxía, a pelotazo limpo! xogando todos pola biblioteca e corredores coas laranxas máis laranxas de todas as laranxas…..
Non naciches en Xinzo Larraitz … pero como si tal!
Un saúdo
A compañía Bandullo Azul visitounos o mércores 23 de maio na Biblioteca de Milladoiro, Fran e Filipa celebraron con nos as letras galegas e contáronos “Lolo anda en bicicleta”, “A galiña azul”, “As historias de Torbio” e tamén outras moitas historias acompañadas da guitarra. Os nenos estiveron moi animados e particípavos e incluso logo do ultimo conto “Hipoque?” que era dun hipopótamo que estaba na fase de preguntar por todo querían continuar ca historia encadeada e que non remátese o contacontos. Pequenos e maiores rimos e gozamos cas historias de Fran e Filipa!

12 maio de 2017

Pleno de asistencia de bebés e mamás/papás nos “Contos para bebés” de Pavis Pavos na Biblioteca Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo.
Unhas 70 persoas entre maiores e minúsculos que participaron activamente e desfrutaron cantando “Palma repalma”, “Este queixo queixolán” ou “Pollito pio, pio, pio” …entre outros contos e cantos.

Sorprende o ambiente máxico que Tareixa e Xacobe conseguiron crear arredor da súa actuación durante os 45 minutos aproximadamente que durou a sesión.
Asi foi que vimos a bebés balbuceando, “bailando” e meneando brazos e cús ó son da múscica.
Bravo Pavis Pavos!!!
20 de abril de 2017

Máis de 40 asistentes, contando nenos e mayores, desfrutaron dunha hora de contos “comestibles”… contos para invitar aos nenos a comer de todo, a comida é saudable, rica, rica….
Alba volveu a encandilar a nenos e maiores coas súas narracións: “A vaca que puxo un ovo”, “Non quero comer”, “Quero a miña comida”, “Mamá ti si que me entendes”…

Un saúdo a Galeatro e un bico a Alba.
Na Biblioteca Municipal Sagrada Familia da Coruña, celebramos a festa final do noso programa CantoConto!, de animación lectora para nenos de 2 e 3 anos. Con este motivo recibimos a Bea e Paolo de Migallas Teatro que nos trouxeron “Os contos do chupete”.
Grandes e pequenos gozamos da música en directo, as narracións e a dramatización dos diferentes contos que compartiron con nós. Entre eles clásicos, como Os tres porquiños e Chibos, chibóns, libros xogo, como Cucu-trás e outras novidades como Polo camiño de Mariana Ruiz Johnson editado hai moi pouco por Kalandraka.
O resultado foi unha festa protagonizada por moitos contos e moito ritmo.

Na tarde de onte os nenos e nenas de Salceda disfrutaron dunha actividade levada a cabo por Eduvia .A través dos contos traballaronse valores como convivencia e igualdade, respeto polo medio ambiente ou o traballo en equipo.
Sen dúbida que os nenos e nenas non van olvidar este día e se foron á casa moi ledos.
Martín Camiña o venres 19 co fantástico espectáculo As maxias máis máxicas de tódalas maxias. A maxia de Carlos Casares, pechou as celebracións da Semana das Letras Galegas en Oroso.



Séguenos