Día da Biblioteca na B.P.M. El Viejo Pancho de Ribadeo. Paco Nogueiras Brinca vai! De aquí a acolá
Este sábado 21 de outubro e anticipándonos a celebración do Día da Biblioteca visitounos, Paco Nogueiras co seu espectáculo “Brinca vai! De aquí a acolá” no que se combinan cancións, e interpretacións con ritmos moi divertidos. Os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samaín, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua son parte dos temas do seu repertorio, dirixido a nenas e nenos de todas as idades. Todo un éxito de participación tanto de xente miúda como de maiores.

dav


















Séguenos