ESTÁS COMO UNA CABRA EN CAMARIÑAS

A cabra Chiña guiou aos pequenos polo mundo das emocións a través de contos, xogos, música e unha estética colorida e estimulante.

A cabra Chiña guiou aos pequenos polo mundo das emocións a través de contos, xogos, música e unha estética colorida e estimulante.

Na Biblioteca José Saramago de Vite tivo lugar unha sesión contacontos que combinou narración oral e música. Dous artistas deron vida a tres historias —A Xacia Luviñas, O rei avarento de Vicente Risco e A pantasma da illa de Cortegada— nun formato no que, mentras un deles lía e dramatizaba os contos, o outro acompañaba cunha banda sonora en directo, empregando instrumentos como a guitarra ou o pau de chuvia para recrear sons do bosque, da auga ou da emoción das escenas.
Para finalizar, crearon xunto co público unha canción aludindo á imaxinación dos nenos e nenas, dando lugar a momentos cómicos e deixando un final cargado de bo humor.

Onte pola tarde pasamos en grande con Zeltia Figueras de A canela do maxin. Divertido espectáculo “De de Rosalía ás cantareiras”. Unha tarde fabulosa. Gracias a todos!!!
Ela Sabe veu pasar a tarde connosco a Conxo.
Convidounos a participar na súa oca xigante na que o taboleiro é circular. Non hai máis meta que a diversión e o aprendizaxe.

Falamos de autoras como J.K. Rowling, á que a súa editorial aconsellou poñer esas iniciais porque os libros de maxia non estaban asociados a mulleres.
Tamén de Safo na Antiga Grecia. Pero tamén de escritoras fóra do foco occidental.
Como Chimamanda Ngozi, nixeriana que loita contra as discriminacións raciais ou Marjane Satrapi, que triunfou amosando a súa sociedade en Persépole.
Rematamos a actividade debuxando monstros terroríficos e escoitando a un grupo de pequenas cantareiras.

A Biblioteca Municipal de Fene festexou o Día das Letras Galegas 2025 cun espectáculo adicado aos máis pequenos da casa, “Güe, güe”, de Barriga Verde. Os nenos e as nenas que viron a actuación, ademáis de pasar unha boa tarde en compaña dos monicreques adquiriron hábitos saúdables, como merendar as froitas da cesta da compra da avoa de Güe-güe.


Celebramos as Letras Galegas con Antía Yañez e o seu PLAN DE RESCATE
O pasado mércores 7 de maio realizamos una divertida representación de artes escénicas. O lugar para a representación foi a casa da cultura de San Sadurniño, para poder albergar a moitos nenos e nenas do colexio (C.P.I. San Sadurniño).
O espectáculo chámase “As Receitas do libro de Tarterufa Pantufla”. Da man de Tarterufa Pantufla (Estefanía Pérez Rodríguez) e, a través de relatos e esceas activas o alumnado riu, escoitou e participou la lectura de contos e no desenvolvimiento dunha receita.



O xoves 15 estivemos celebrando as Letras Galegas 2025 nas Pontes. Grazas a A xanela do maxín percorrimos a historia das mulleres ás que se lles adicaron as letras para rematar coas Cantareiras, homenaxeadas este ano, aprendimos cousas da súa vida, desfrutamos dos seus escritos e da música. Que soen as pandeiretas!!

O pasado xoves 8 de maio tivemos a ocasión de divertirnos xunto a 2 Mind Combined. Estes espectáculos mesturan dúas cousas que nos encantan, a maxia e os globos.
Os nenos e nenas que viñeron ao espectáculo marcharon para casa contentísimos e coas figuras máis dispares feitas con globos.



Séguenos