Os Quinquilláns en Porto do Son
CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA EN PORTO DO SON.
Hoxe tivemos en Porto do Son aos Quinquilláns coa obra ¿Porqué é salgada a auga do mar? Magníficos coma sempre.
CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA EN PORTO DO SON.
Hoxe tivemos en Porto do Son aos Quinquilláns coa obra ¿Porqué é salgada a auga do mar? Magníficos coma sempre.




Un orixinal espectáculo onde as Mans non paran de falar.
O vintecato de outubro celebramos o día da Biblioteca e en Burela adelantamos a data e celebrámolo o SÁBADO 22 con Cía, Os contos de Pablísimo e o seu espectáculo “MANS”.
Case que unha hora de diversión que soupo a pouco, un espectáculo de teatro , contos tradicionais, sombras chinescas , monicreques , luvas…. e moita imaxinación !!!
Risas a raudales, para esta data tan importante nas nosas Bibliotecas.
Celebramos o Día das Bibliotecas coa actividade de OQO editora Coas mans na masa na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés. A partir da historia de Pepiño e Maruxa e a súa disputa por facer o pan, desenvolve un workshop creativo onde os cativos fan os personaxes do conto…con masa de pan!
A maioría dos pais e nais cos seus nenos e nenas valoraron o contido da actividade e ao profesional que a realizou, positivamente
como moi interesante e recomendable.
Máis información en BLOGGIT, blog da sala infantil-xuvenil
O sábado 22 de outubro e para celebrar o Día da Biblioteca, visitounos na B.P.M. El Viejo Pancho, Raquel Queizás co seu espectáculo “Contos nados no mar”. Coa historia da serea Mariña como fío condutor, Raquel somerxeu a pequenas, pequenos e maiores nas profundidades do mar a través de lendas de seres mariños e mensaxes chegadas desde o máis profundo do océano. Un espectáculo para todos os públicos que converteu a tarde do pasado sábado nun encontro lúdico e didáctico para as familias que asistiron.




A Biblioteca Municipal de Quiroga conmemorou o Día das Bibliotecas coa representación ” Camiño de Historias” a cargo de Migallas Teatro. Foi un espectáculo divertido, ameno e participativo.Conxuga distintas disciplinas artísticas como a música, a narración o debuxo e os títeres con gran profesionalidade para fomentar a lectura, a creatividade e a educación en valores, etc. O público adultuo e infantil disfrutou con esta actividade que se desenvolveu na Casa da Cultura onde está ubicada a Biblioteca Municipal.
Día 21 de outubro de 2016 das 10 da mañá ata á medianoite, na biblioteca de Escairón
O día 24 celébrase o Día da Biblioteca, e na biblioteca, debido ó éxito acadado en anteriores edicións, decidimos adiantar a celebración ó venres e non pechar en todo o día. Así tivemos actividades de moi diverso contido, empezando con visitas escolares ó longo de toda a mañá e non rematando ata pasada a medianoite.
Ás 10:15 chegou o primeiro dos grupos escolares (4º, 5º e 6º de Infantil do colexio de Escairón) e ás 11:15 o grupo da Escola Infantil Municipal, que viñeron coñecer a biblioteca e que se entretiveron e divertiron cos contos A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, La princesa y la cerdita e Hay un cocodrilo debajo de mi cama.
Ás 12:15 chegaron os alumnos de 5º e 6º de Primaria, que despois de repasar o aprendido sobre O Saviñao na visita do ano pasado, continuaros vendo como é que un libro pasa a formar parte do fondo da biblioteca e se pón a disposición do público: como se atopa un libro a través da información contida na etiqueta. Etiquetamos varios libros que xa están colocados onde lles corresponde, a maior parte deles pertencen á colección Clásicos español-inglés=Classics Spanish-English. Ademais aproveitamos para invitalos a participar nas actividades da tarde.
Desde antes das 16:00, en que comezaba o obradoiro de debuxo, había participantes agardando por el.
Ás 17:00 o noso habitual obradoiro de origami, no que fixemos un cabalo saltarín e galopín e máis un lazo.
Ás 18:30 (despois da merenda) comezamos cos obradoiros científicos: a sesión de A Ciencia divertida con Nita (do repertorio do programa Ler conta moito) e obradoiro de Fibonacci.

Escoitamos o conto do globo vermello e fixemos varios experimentos con globos. Logo o conto da Estreliña e fixemos máis experimentos relacionados: como facer estrelas e unha lámpara de lava fosoforescente. Foi sorprendente e moi divertido.
Ás 20:30 concurso colaborativo por equipos con preguntas e probas para conseguir os materiais para o último obradoiro da noite (o dos selos de goma eva).
Ás 22:00 logo dunha apetitosa cea, para que a fame non acabara coas ganas de diversión, saímos buscar á rúa a Anxo Moure que veu participar na nosa festa coa súa Titiricleta (tamén do repertorio do programa Ler conta moito). Con el soubemos da guerra, da paz, da solidariedade e divertímonos paseando na súa orixinal titiricleta.
Ás 23:00 relaxámonos un pouco co obradoiro de selos de goma eva. Gustounos tanto como quedaron que decidimos incluír na nosa cápsula do tempo unha representación dos máis bonitos dos nosos selos!

Da man de Anxo Moure escoitamos contos solidarios e xogamos coa súa titiricleta: títeres, personaxes dos contos e paseos na bicicleta: como condutores ou como pasaxeiros. Foi moi divertido e non podía o sono con nós a estas horas!
Pasada a medianoite (coma sempre, rematando máis tarde do previsto) pechamos a nosa cápsula do tempo cunha conta atrás. Aínda que non foi o peche definitivo porque aínda faltaba incluír fotos das actividades, celebrámolo moito.
Agora queda esperar ata o ano 2025 para abrir esta cápsula de recordos e sorprendernos coas cousas que nos chamaron a atención. Pero a biblioteca segue aberta para todos os que participamos nesta xornada especial, para as súas amizades, familias e coñecidos.
Esperamos que o pasarades moi ben e qeu sigades vindo pola vosa biblio. Nós xa estamos pensando a ver como o celebramos o ano que vén.
O sábado 22 tivemos na ALM OS Tilos (Teo), como preámbulo ó Día das Bibliotecas a Fran Rei que trouxo a Historia de Brancaflor, á lenda popular da filla do Demo- a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma ‘Contos Marabillosos’. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan á que se opón con decidida firmeza o malvado pai da rapaza. Como non podía ser doutro xeito, a narración vén ilustrada con diversos xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo.

A Historia de Brancaflor de Fran Rei na ALM Os Tilos (Teo)
O público foi parte activa desta montaxe e a súa colaboración na mesma foi imprescindíbel para que o amor entre os dous rapaces protagonistas triunfe sobre as continuas dificultades que se lles presentan.
Estes días na biblioteca realizouse un obradoiro do máis interesante
que logrou despertar o interese dos máis cativos. Minia Regos
ensinoulles a divertida técnica de stopmotion. Eles mesmos tiveron que
inventar unha historia e moldear en plastilina os personaxes para logo
pasar a traballar coa cámara e lograr que a imaxe se “movera”. Unha
técnica sorprendente que os deixou abraiados!
Por medio da técnica de animación denominada “StopMotion”, os nenos e nenas conectan co mundo da literatura e do cinema:
O primeiro día elixiron a historia que ían contar buscando nos libros da biblioteca e inventando tamén parte da historia.
O segundo día adicáronse a crear as personaxes con plastilina, cartolina, etc. Na seguinte sesión crearon os escenarios da historia. Por último fixeron as fotografías e engadiron os sons do conto.
Unha actividade moi completa e entretida¡


Séguenos