B.P.M. DE POIO
O 25 DE SETEMBRO A TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chegou á biblioteca, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala… na procura da paz..
O 25 DE SETEMBRO A TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chegou á biblioteca, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala… na procura da paz..
Nesta sesión de animación á lectura feita por Servando Barreiro fundironse a narración coa música e a poesía para falarnos de que é posíbel un mundo donde a xente viva en armonía coa natureza e a solución ós problemas xurda dos nosos corazóns.
A maneira de contar as historias nos leva ó mundo dos trovadores de antaño.

O DÍA 18 DE OUTUBRO DE 2016 NA BIBLIOTECA DE O FROXEL “Francisco A. Vidal” – ARTEIXO.
O GAITEIRO CABEZUDO e as nais dos más cativos como percusionistas estelares, ofreceron de xeito divertido, un concerto didáctico de música tradicional coa participación do resto do público.
Tamén mostraron as características da gaita galega e dos instrumentos que a acompañaban.

Os nenos participaron tocando instrumentos, aturuxando, cantando e bailando pezas populares moi coñecidas.

O día 15 de outubro tivo lugar na Biblioteca Pública Muncipal de Trazo a actuación Comechíns, na que os cativos e os non tan cativos coñeceron eses invonvenientes relacionados cos alimentos, tan habituais hoxe en día.
A través das historias mergullámonos nun mundo de fantasía no que a verdura, a froita e os legumes foron os protagonistas.
Os alumnos de teatro do IES Ponteceso foron os encargados de reproducir, mediante un obradoiro de teatro de sombras, algunhas das viñetas do autor, debuxando en cartolinas ou transparencias os personaxes e decorados para despois animalos a través dun teatriño.

Xa se botaba de menos aos ratiños de Trinke Trinke en Cambados… e onte a ratiña Lili Gruyère visitou a ALM de Castrelo no mes das Bibliotecas.
Lili veunos falar do seu país “Lonxedetodo”, e aproveitou para contarnos varias historias moi interesantes e mesmo deunos conta das súas habilidades na maxia, coa inestimable axuda do coelliño branco… por suposto!
Ata pronto Lili!



Contos que deixan pegada
O día 18 de outubro ás 18 horas realizaouse na biblioteca de Nigrán un conta contos levado a cabo por Pavís Pavós, ó que acudiron 34 adultos e 52 nenos.

Este venres pasado tivemos ao Mago Paco. Divertida actividade para pais e nenos, coa ilusión e a interacción como elementos principais. Estupenda actividade.
Entretida, diferente e fermosa tarde que pasamos na Biblioteca de Dorneda con Juste Kamishibai. Coas súas historias ensinounos a técnica do pergamiño ilustrado, o teatro de obxectos e as técnicas de despregabres pop-up e como non o Kamishibai.

Onte pola tarde ós máis cativos da man de Pavís Pavós. Aloumiños, arrolos, contos e cantos. Primeiros contactos coa biblioteca e cós contos que, resultaron unha experiencia do máis enriquecedora e divertida con Tereixa e Xacobe. Cun cheo total,

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
¡¡¡ Gracias a todos !!!!


Séguenos