O xoves 20 de outubro tivemos a sorte de contar coa compañía Elefante Elegante na nosa biblioteca. O seu espectáculo “O xigante” fixo gozar a grandes e pequenos coa música e narración, chea de bos consellos, entre o que está o respecto á natureza.

Onte a ALM de Vilariño foi a derradeira parada de Lili Gruyère e do coelliño branco en Cambados. Tras visitar os diferentes centros culturais da vila, non puideron ter mellor despedida pois os pais e nenos acolléronos entre risas e aplausos… e non era para menos despois de terlles contado historias como a de Lucía Cotriñas ou facer sorprendentes trucos de maxia.
A sesión rematou cantando entre todos a canción de “Lonxe de todo”… ata pronto Trinke Trinke!


A música tradicional galega invadiu a biblioteca a tarde do xoves 20 a partir das 18:50 h., a rapazada e maiores gozaron dunhas clases divertidas a vez que didácticas dos sons da gaita, pandeireta e demais instrumentos que acompañaban a este grupo.

Para rematar a función os rapaces convertironse en cabezudos que bailaban o son da música, tamén tiveron a oportunidade de tocar os instrumentos, bailar e participar na interpretación de pezas populares da música galega.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Imaxe do Contacontos e do Obradoiro creativo
Onte, 19 de outubro, Trinke Trinke continuou a súa “tournée” por Cambados, e fixo unha paradiña para repostar risas e aplausos no centro cultural de Corvillón.
A súa axencia de lectura puido coñecer á simpática Lili Gruyère e ao seu amigo e compañeiro nos trucos de maxia, o Coelliño Branco… que non defraudou a ninguén. Un día máis, continuamos coa celebración do mes das Bibliotecas en Cambados… aí van unhas fotos!








Catro voluntarios servíronnos de modelos para que Montse a través de coplas e de poesías nos fose ensinando cal era a vestimenta tradicional na nosa terra, tanto para ir traballar no monte como para os días de festa. Ensinounos os materiais tan diferentes co que estaban feitos, algúns tan ásperos como a la e o liño, e a súa procedencia, as xoias que lucían as mulleres e os homes nas ocasións especiais e como nisto había diferencias sociais. En fin, unha morea de detalles sobre a forma de vida dos nosos tataravós.
Os asistentes puideron ver como é a planta do liño, tocar telas antigas de la (máis de 120 anos) e como é o tacto do liño menos traballado. E por último facerse unha foto co traxe elixido.
O martes 18 gozamos coa actuación de José Juste que coa técnica do Kamishibai, do emaki e outras nos invitou a un mundo máxico, tanto os máis cativos como os adultos que os acompañaron.
Un espectáculo diferente que agradou a todos asistentes.





PENTAX DIGITAL CAMERA


Séguenos