“CONTOS NA MONTAÑA (RUSA)”

Paul do Canizo fixo pasar unha tarde de sábado moi agradable ó público asistente a súa sesión de “Contos na montaña rusa”

Paul do Canizo fixo pasar unha tarde de sábado moi agradable ó público asistente a súa sesión de “Contos na montaña rusa”

Leo Leiño voltou a Boimorto coa súa acompañante e con Vermelliña. Logrando coa maxia, humor e cos libros que os nenos e nenas asistentes o pasasen moi ben.
Caxoto Contacontos visitou esta tarde a biblioteca municipal de Brión cos seus “Contos de medo que deixan durmir” na equipaxe. Un espectáculo de animación dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 8 anos de idade que durante 60 min. divertiu por igual a pequenos e grandes.
O serán conta contos celebrouse ás 18:00 h. na sala infantil da biblioteca, un espazo que resultou pequeno ante unha afluencia de nenos e pais como hai tempo non se vía. Máis de 50 nenos e nenas participaron na sesión de animación, sen contar aos adultos, que na súa maioría tiveron que esperar na sala principal ao completarse o aforo da sección infantil.
Co tema do medo como protagonista, Caxoto combinou no espectáculo narración, música e xogo, interactuando en todo momento co público para converter os temores dos pequenos en algo do que rirse e co que divertirse. Todo grazas a fantasía dos contos e a imaxinación dos espectadores.
Unha actividade coa que a B.P.M. de Brión se une á celebración do Día da Biblioteca, unha efeméride que quere trasladar á opinión pública a importancia das bibliotecas como punto de encontro de lectores de todas as idades coa cultura, e coma un instrumento de mellora da formación e convivencia. A sesión conta contos contou co apoio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
O Sábado 22 de Outubro para celebrar o día da Biblioteca tivemos a actividade “Arte nos libros – Luis Seoane” impartido por Crearte Servizos Culturais dentro do programa Ler conta moito.
Primeiro mediante imaxes proxectadas e despois cunha manualidade aprenderon cousas sobre Luis Seoane

Lili Gruyère e o seu coelliño branco visitaron a Biblioteca de Chantada, e fixéronnos gozar a grandes e pequenos de preto dunha hora de contos e algún truco de maxia, todo isto amenizado con música.



Para celebrar o día da Biblioteca chegou ata Monterroso unha bicicleta moi especial “a Titiricleta” de Anxo Moure cargada de moitos contos fantásticos e divertidos. Pasámolo moi ben

Pablisimo estivo connosco o venres 21 de outubro para a celebración do Día da Biblioteca que tivo lugar na Biblioteca Municipal de Alfoz.
A actividade encantou ó público asistente que disfrutou e participou cos relatos de Pablo Sánchez: Fábulas, cantares de cego, adiviñas, contos minúsculos, etc.


O venres, 21 de outubro, tivo lugar na biblioteca de Mera (Oleiros) o obradoiro COAS MANS NA MASA da man da editorial OQO.
A partir da lectura do conto Maruxa (texto de Eva Mejuto, a partir dunha canción tradicional polaca) as nenas e os nenos pasárono estupendamente creando con masa de pan as personaxes do conto. Os cativos amasaron, moldearon e pintaron a Maruxa e a Pepiño en diferentes situacións e o resultado foi unha explosión de imaxinación, cor e moitas risas.



![]()
O día 23 de outubro chegou a BPM de Vila de Cruces, Atenea de Xarope Tulú coa actividade “A falta de pan, bos son contos”.
Foi unha actividade divertida e entretida na que os asistentes escoitaron atentamente os contos que lles contou, axudaron nas cancións, participaron nas adiviñas, interactuando de maneira moi activa coa contacontos.



Séguenos