ACTUACIÓN NA ALM DE SOBRADO

Hoxe día 22 de xuño a compañía Ni Fu Ni Fa Animación co seu espectáculo Ler nos Beizos (LIPDUB) actuou na ALM de Sobrado

Hoxe día 22 de xuño a compañía Ni Fu Ni Fa Animación co seu espectáculo Ler nos Beizos (LIPDUB) actuou na ALM de Sobrado
Para dar a benvida ao verán, contamos coa presenza de Manuel Solla nas nosas bibliotecas, o luns 20 en Bertamiráns e o martes 21, no Milladoiro. Pasamos un rato moi agradable facendo maxia e escoitando e representando contos. Participamos todos e ata xogamos cun rato!
Para conmemorar o Día da Música, Pablo Díaz achegou os máis pequenos o seu espectáculo de Cantacontos para bebés, no que mesturando os contos e a música conseguiu que tanto nenos como grandes pasasen unha tarde estupenda na Mediateca do Grilo

O pasado venres 17 de xuño celebramos nas instalacións de Fundación Ferama a entrega de diplomas dos cursos realizados durante este ano e o fallo do concurso “Bo Lector 2016”, durante esta xornada de encontro recibimos unha sorpresa que encheu de maxia a Axencia de Lectura desta mesma entidade co Mago Paco e o seu espectáculo “Divermaxia”.

A.L. Fundación Ferama
Historias cheas de maxia, empregando sempre como medio “o libro” e debuxando un sorriso permanente nos máis cativos e nos máis maiores que se achegaron a disfrutar desta gran festa que supuxo pasar unha tarde co Mago Paco.

A.L. Fundación Ferama
Con “Divermaxia” damos por pechado os actos do programa de “Ler Conta Moito” de dinamización da lectura promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas de Galicia en colaboración coas bibliotecas e axencias pertencentes.
Cando chega o verán, a biblioteca Monte Alto sae a rúa para achegar a lectura e a biblioteca aos veciños do barrio. E unha boa forma de darnos a coñecer é facendo actividades de calidade para todos os públicos. Nesta ocasión, convidamos ao Mago Paco a acompañarnos o pasado 8 de xuño. Durante toda a hora tivo ao público pendente das dúas verbas; fíxonos sorrir, usando os contos e as historias como fío condutor dos seus xogos e trucos de maxia. Unha tarde inesquecible. Grazas, Mago Paco!

Marisa Irimia chegou cunha Caixa chea de contos, instrumentos musicais e a gatita Micha, facendo que os nenos participaran cantando e contando con ela. Asistiron 36 nenos de 1 a 3 anos, foi moi divertida e entretida.


Fátima Fernández chegou a biblioteca para rendirlle un pequeño homenaxe a Manuel María, acompañada de 44 nenos de Cedeira de 4 anos de idade, disfrutando coas aventuras do gato Mimí e outros contos, magníficamente contados e interpretados pola artista.


O sábado, 18 de xuño, Marisa Irimia veu á Biblioteca para contarnos historias e debuxar mandalas.
Antes de comezar estivemos a ler no Recuncho dos libros infantís e despois, coma cada sábado, puxémonos preto de Marisa, sentamos no chan ou nas cadeiras, e comezamos a escoitar e a aprender.

Cada día que pasa estamos máis a gusto na Biblioteca e, agora que están a piques de rematar os contacontos de Ler Conta Moito dos sábados, xa sabemos como hai que facer para vir ler ao noso recuncho infantil, e como podemos levar para a casa os nosos libros favoritos.
Chegou o verán cheo de boas lecturas.
Vémonos na Biblio!
O venres, na biblioteca de Esgos asistimos ó obradoiro de ilustración “Contos con Miró” da man de Tarabelos.
Asistiron 23 nenos e nenas, que despois de escoitar un conto sobre un roiseñor, colorearon un gran mural coas personaxes e paisaxes do conto.
Gustou moito, sobre todo á hora de coller as pinturas.

O pasado 18 de Maio desenvolveuse na Biblioteca Municipal de Pontecesures a actividade “Construindo o noso libro Ilustrado”
Os rapaces de 3º e 4º da E.S.O. aprenderon o proceso de creación dun libro ilustrado partir do achegamento a diversos tipos de libros e ós traballos da ilustradora Minia Regos.
A actividade rematou con un taller onde os rapaces experimentaron coas distintas técnicas ilustrativas e participaron coas súas propias ilustracións.
Puidemos comprobar que Pontecesures conta con unha canteira de prometedores ilustradores…. como xa é habitual no noso concello que sempre foi berce de importantes ilustradores e artistas… baste lembrar a Colombo, Maside, Fabeiro, Llerena, Oria García Moreno e outros..


Séguenos