DÍA DA BIBLIOTECA 2016


Na Biblioteca Municipal de Padrón celebramos o Día da Biblioteca co obradoiro “Crea fósiles de dinosauros” da man de Maumarela.


Na Biblioteca Municipal de Padrón celebramos o Día da Biblioteca co obradoiro “Crea fósiles de dinosauros” da man de Maumarela.

Alba Bermúdez integrante de Triatreros contou 4 contos que tiñan como fío conductor a comida. Os rapaces pasárono moi ben aprendo boas hábitos alimenticios escoitando contos

O pasado día 24 de outubro celebramos o día da biblioteca con Xanela Ocio. Quen di que os sombreiros non contan nada? Contaronnos un montón de historias sombreiros de moitas formas, cores e con experiencias diferentes.

O luns 24 de outubro pola tarde, Títeres Cachirulo fixo que rapaces e maiores puideran pasar unha tarde divertida coas historias de “Alicia no país das marabillas”, a actuación que tivo unha duración aproximada de 50 minutos fíxose curta.


Manuel Solla contou contos de príncipes, princesas, sapos e doutros personaxes dos contos clásicos. Axudouse de monicreques e da maxia para enfeitizar ós rapaces e rapazas que acudiron á biblioteca.


Tivemos unha tarde adicada ós usuarios do programa “Educar en familia” e unha primeira toma de contacto dos bebés cos contos e coa narración oral.

Que mellor maneira para celebrar O Día da Biblioteca que poder disfrutar con Trinke Trinke teatro e o seu Coelliño Branco.
Os nenos e nenas de Salceda disfrutaron moito con este conto teatralizado e ben seguro que foron cargados de bos valores.

Brinca Vai!, é un espectáculo no que Paco Nogueiras, acompañado dos seus instrumentos e a súa querida máquina, interpreta cancións baseadas en temas como a natureza, os xogos tradicionais, ou as festas como o magosto e o Nadal. O humor está presente de principio a fin nesta función, na que maiores e pequenos moveronse a ritmo de rap, techno, rock e reggae, que son algúns dos estilos modernos que caracterizan as composicións.
Pasamos unha tarde agradable escoitando e bailando coa a música Brinca Vai!

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca, o 24 de outubro, realizouse unha sesión de contacontos titulada “Rosa no é unha cor…” a cargo de Cristina Vázquez Santos que contou “historias que ensinan e debuxan un sorriso ao mesmo tempo”.
“Nin rosa é unha cor de nenas nin azul é de nenos. Rosa e azul son cores amigos dos rapaces. Unen, non separan”.
A igualdade entre homes e mulleres é un valor que se debe inculcar desde a infancia.

¡¡NON TODO O ROSA É DE NENA!! e ¡¡NON TODO O AZUL É DE NENO!!
A través do contacontos “O rosa non é unha cor” intentou transmitirse a idea da igualdade entre nenos e nenas ó alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada da Barrela.


Séguenos