Calendario de Contos na Biblioteca Pública Municipal “Camilo Gonsar” de Sarria, por Sole Felloza
Tarde divertida cos contos de Sole. Os picaros, como xa se ve, ¡¡ como se riron!!… e os papás tamen. Merece a pena uns contacontos tan bos.

Tarde divertida cos contos de Sole. Os picaros, como xa se ve, ¡¡ como se riron!!… e os papás tamen. Merece a pena uns contacontos tan bos.

O luns, 10 de outubro, tivemos unha tarde moi especial para os nenos e as nenas que se achegaron a Biblioteca de Dorneda. O Mago Paco contounos historias, contos, fíxonos trucos de maxia e aprendeu a facelos a máis dun dos presentes. Todo un divertimento onde os maiores tamén puxeron o seu punto de humor e diversión.


TRINKE TRINKE TEATRO co “O Coelliño branco” e outros contos, cancións, máxia e lectura a través dos contos dramatizados e para toda a familia.
Este venres, 7 de outubro, tivemos un obradoiro de crear fósiles de dinosauros da man de Jon e Laura, monitores de Maumuarela.
Tivo moi boa acollida por todos os nenos e nenas participantes.
No proceso estiveron atentos os pasos a seguir, asi como na súa elaboracion.
Tarde especial, participativa e dinámica de experimentación .


O venres, 7 de outubro, a biblioteca de Mera (Oleiros) encheuse de meniños/as que viñeron cargados de ilusión a escoitar e ver a un dos seus artistas preferidos. Pablo Díaz namorounos coas súas historias e, sobre todo, coa súa música.


O pasado venres día 7 de outubro, contamos na Axencia de Lectura Municipal de Domaio, en Moaña, coa compañía Elefante Elegante e o seu espectáculo “O Xigante”; unha adaptación teatral do conto de Oscar Wilde para o público infantil.
O “Xigante” fixo disfrutar a pequen@s e maiores cun espectáculo divertido e cargado de valores.


Burela, 6 de outubro de 2016. Teatro Ghazafelhos presentou ” Contos de Lobo” en BURELA. Un espectáculo interactivo onde se mesturan a maxia o circo ou a hipnose.
Da man de Xulio Varela e o dos monitores Clara, Oscar e Rosa tivemos ocasión de participar na actividade “As cousas pequenas”. Unha mestura de imaxinación, habilidade , debuxo e uso de obxectos que rematou coa elaboración dun libro colectivo nunha tarde magnífica para todos e todas.


O xoves, 6 de outubro, contamos con Xosé Luís Cousillas e o seu obradoiro Arte nos libros, neste caso dedicado ao pintor Luís Seoane.

En primeiro lugar os nenos e nenas asistiron a unha presentación sobre a figura do pintor. Esta consistiu nun breve apunte biográfico e tamén mostrou debuxos e portadas de libros e outras creacións realizadas polo autor en diferentes artes.

Despois realizaron unha ilustración de motivo mariño, inspirada nun dos debuxos de Luís Seoane. O obxectivo era realizar a ilustración sen necesidade de lapis nin pintura, simplemente dando forma ás cartolinas coas tesouras.


Xan Perillán preparou a súa viaxe nun escenario colorista acompañado de son. Foi metendo na maleta diferentes obxectos que resultaron ser máxicos. Mentres o seu loro aparecía e desaparecía según o lugar no que estivese, ao tempo que dialogaba con Xan. Todo moi ameno e divertido.


Séguenos