Bibliocanta
O día 19 celebrouse na Biblioteca de Sarria a actividade “Bibliocanta”, achegándose ó cancioneiro tradicional galego para xogar os nenos e así non esquecelo os pais.
![IMG_7784[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/03/IMG_77841-1-690x460.jpg)
![IMG_7788[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/03/IMG_77881-1-690x460.jpg)
![IMG_7794[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/03/IMG_77941-1-690x460.jpg)
O día 19 celebrouse na Biblioteca de Sarria a actividade “Bibliocanta”, achegándose ó cancioneiro tradicional galego para xogar os nenos e así non esquecelo os pais.
![IMG_7784[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/03/IMG_77841-1-690x460.jpg)
![IMG_7788[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/03/IMG_77881-1-690x460.jpg)
![IMG_7794[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/03/IMG_77941-1-690x460.jpg)
O luns, día 21, a partir das 18:00h desenvolveuse a actividade ” Gran xogo das Letras Galegas” con “Eduvía”. Nesta actividade participaron quince nenos e nenas e tamén algúns pais e nais. Foi unha actividade dinámica e divertida na que os equipos participantes aprenderon xogando.
Nestas vacacións de Semana Santa, as bibliotecas e axencias de lectura do Concello de Cambados non paran a súa actividade e grazas a Ler Conta Moito puidemos gozar do bo facer de Atenea e Xarope Tulú.
Na celebración do Día da Tradición oral, apostamos por difundir as historias e contos que nos transmitiron os nosos avos, quenes na época da fame, agudizaron o seu inxenio e imaxinación, porque, como se di “A falta de pan, bos son os contos”:
“…Hainos delicadiños para comer. Hainos que comen os bens dun cura. Pero como ben din os que saben; o comer e o rañar todo o malo é empezar. Abride ben as bocas que aló vai a primeira bocada…”




Hoxe @s nen@s de Celanova están a disfrutar do seu primeiro día das vacacións na BPM de Celanova. A súa imaxinación está a quedar plasmada no cento de debuxos que levan facendo pola mañá, despois de un pouco de narración e proxección de sombras. O obradoiro As nosas Historias, vainos amosar os mellores artistas.

Baseado no conto de Manuel Rivas “O Sombreiro Chichiriteiro “ o grupo de animación Xanela Ocio fixo que os nenos que asistiron a Biblioteca de Miño, se divertiran moito potenciando en este caso o valor da amizade
![DSC_0027[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/03/DSC_00271-300x169.jpg)
Os pequenos e pequenas soltaron a súa imaxinación modelando con miga de pan a Pepiño e a Maruxa, personaxes do conto Coas mans na masa, da editora OQO, que interpretaron previamente. Un bo rato no que os nenos e nenas participaron activamente, experimentanto, mesturando, probando, tocando…sen perder o fío do conto.

O mercores, 16 de marzo, os nenos bailaron e cantaron con Luis Vallecillo na axencia de lectura de Esteiro (Muros). O espectaculo durou unha hora pero paraeceu moi corta.
Con motivo da conmemoración do Día da Muller celebrouse na BPM de Viana do Bolo un Contacontos infantil moi especial e educativo: Contanto en Feminino. O público asistente aprendeu e se divertiu a partes iguais

Xosé Tomás visitou a Biblioteca Ánxel Casal para impartir o seu obradoiro de Ilustración de Banda Deseñada, onde coñecimos as orixes desta arte.

Aprendimos a usar os diferentes códigos característicos, viñetas, cartuchos, elipses narrativas, pero tamén coñecimos outros como os raccords, ou a montaxe das planas.

O éxito do obradoiro veuse reflectido nas propostas dalgúns dos asistentes para os que o obradoiro debería ser continuado con talleres sobre os outros procesos posteriores ao de debuxar as historias.
Más información sobre este evento aquí.

Con sensibilidade e grandes doses de humor Fátima falounos de Castelao e da vida … e de historias e contos de agora e de antes. O 26 de outubro fíxonos disfrutar nesta nova sesión do seu repertorio


Séguenos