Trinketrinke teatro e os seus contos na cociña en Carral

O pasado venres, na biblioteca municipal, a ratiña Lili presentounos un menú moi apetitoso acompañado de contos e historias que encantaron a todos os nenos, nenas e pais que alí se atopaban.

O pasado venres, na biblioteca municipal, a ratiña Lili presentounos un menú moi apetitoso acompañado de contos e historias que encantaron a todos os nenos, nenas e pais que alí se atopaban.
O venres 30 de maio na ALM de Os Tilos (Teo) estivemos de merenda con Migallas Teatro. Presentáronnos “Merenda con pan de millo” que é un espectáculo de pequeno baseado no Libro-disco Pan de millo, editado pla Editorial Kalandraka . Nel combinan cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío conductor. Os temas musicales que se interpretan son: “Pinocho”, Pan de millo, O piollo e a pulga “Unha vella tiña un can”, “Que cousa, cousiña é?” e “Miña “Abuela Manuela”. A música está grabada (toca unha banda de pulgas) pero as voces solistas son en directo. Está pensado para público a partir de dous anos. O local estivo a cheo como podedes comprobar e pasámolo en grande.
O sábado, 31 de maio, tivemos na biblioteca de Xermade unha sesión de contos dirixido a bebés de 0 a 3 anos. Nesta sesión os bebés tiveron un primeiro contacto coa palabra, coa oralidade e cos libros. Os pais e nais desfrutaron introducindo aos máis pequenos no mundo da lectura e dos libros.
Houbo contos de formigas, contos con sombras, contos con pompas de xabrón e con outros obxectos sonoros que os bebés poideron manipular despois de rematar a sesión.
Na Biblioteca dos Centros Socioculturais de Santiago programouse para o mes das letras un obradoiro onde as nais e pais tiveron a oportunidade de gravar para os seus fillos contos coa súa propia voz. O traballo realizouse en catro sesións progresivas. Utilizáronse contos clásicos como: “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, “Tres desexos”, etc. Púxoselles voz ós personaxes dos contos e graváronse. Paralelamente os nenos fixeron na aula de xogo as carátulas dos CDs
Solidaridade Internacional de Galicia tróuxonos unha nova proposta da colección CONTOS DO MUNDO: UNHA VIAXE POLO MUNDO A TRAVÉS DOS CONTOS, á Biblioteca Ánxel Casal.
Este ano tocoulles América Central.

Cunha chea de imáxenes e outros obxectos, para achegar a todos os nenos e nenas a cultura de Guatemala, ou de Senegal e mesmo Palestina

A obra representada por Raquel Queizás foi todo un éxito.
Participarón a maioría dos rapaces da Veiga
O xoves, 29 de maio, a compañía Títeres Cachirulo paso por Cee para ofrecer o seu último espectáculo “O libro da selva”, excelente recreación para marionetas da obra de Rudyard Kipling; obra que logrou arrincar os sorrisos, as exclamacións de asombro e os divertidos comentarios do pequeno público asistente.
Arredor de 150 nenos e nenas do 1º Ciclo de Primaria dos diferentes centros educativos do Concello de Cee foron os espectadores desta particular versión do “libro da selva”; rapaces que pasárono en grande grazas a esta actividade que toca o tema da emigración, a adaptación das personas a diferentes medios e a inclusión de xente procedente de outras culturas, á vez que axuda a despertar entre os máis cativos o interese polo mundo do libro.
Onte, Enrique Mauricio e Carlos Taboada, de Polo Correo do Vento, trouxeron á Biblioteca Municipal de Lugo a súa historia do pirata Benito Soto. Historia de piratas con todos os ingredientes para despertar a atención de nenos e nenas: misterio, tesouros, o malvado Euribor…

Ademais da historia, aprenderon uns “truquiños” para debuxar ao pirata coa súa barba, parche e pata de pau.

Os nenos de infantil dos colexos de Corme e Ponteceso disfrutaron, un ano máis, cos contos de Migallas Teatro. Contos, música, baile,… cos que Bea e David fixéronnos pasar unha mañá divertida e voando a imaxinación.


Séguenos