Nesta ocasión apagamos as luces na biblioteca para escoitar e ver da man de Sherezade Bardaji os contos dos famosos irmáns Grimm.
Tivemos unha visita especial na biblioteca, a do trasno Dada, que nos deleitou cunha sesión de contacontos nos que os protagonistas foron os animais.
O venres 4 de outubro ás 18:00 na Axencia de Lectura de San Vicente (O Grove) tivemos “Contos para todos” a cargo de Manuel Solla (Expresión Produccións). Os asistentes disfrutaron dunha sesión divertida na que todos participamos moi activamente na narración dos contos.

O día 8 de outubro Larraitz entretivo á infancia con dous contos moi axeitados para a súa idade, como un deles falaba de fabas máxicas, ao final cada participante levou unha faba para plantar cando sexa o tempo.

O 5 de outubro todos os nenos e nenas que se achegaron a nosa biblioteca para participar nos sábados de choiva de contos, pasaron un anaco moi divertido e diferente escoitando os contos en verso.
Consultar enlace ao evento no facebook da biblioteca.
Día 4 de outubro de 2013 ás 14:40, na axencia de lectura Maruchi Arias de Currelos
Da man de Solidariedade Internacional de Galicia chegáronnos estes Contos do mundo, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.
A actividade comezou coa presentación da animadora ós asistentes, a quen invitou despois de entrar descalzos á nosa imaxinaria haima, para coñecer un pouco máis da cltura saharauí, apoiando a súa explicación con fotos. Xa acomodados no chan, invitounos a viaxar con ela coñecendo un pouco de mundo, a través dun globo terráqueo, vendo países, continentes e océanos.
Acabamos aterrando no norte de África, concretamente no deserto do Sáhara, do cal vimos fotografías: o deserto, casas de adobe, a roupa das súas xentes (incluso vimos como se fai un vestido cunha longa tea, sen fío nin agulla), tamén aprendemos que viven en haimas, escoitamos algo de música, e sobre todo, coñecemos algo máis sobre como viven e algunhas das súas historias.
Preséntase o xeito de vida en haimas, as teas coas que se visten, … incluso tivemos a oportunidade de que quen quixera tocara area do deserto do Sáhara (que nos trouxo nun frasquiño), o cal nos sorpendeu porque tén unha cor, unha textura e un aspecto sorprendente… Ninguén imaxinaba como sería tocar esa area.
Contou varias historias das que lle contaron cando estivo visitando a Gali e á súa avoa Layla. Os asistentes participaron activamente, e incluso cando nos ensinou como vestir unha tea moi longa para convertila nun vestido típico das mulleres saharauís. Entre as historias que nos contou están a historia do chacal Mohamed e a tartaruga Laha, e a do pastor que se converteu no sol.
Para rematar, fixeos un corro que foi percorrido por un bico viaxeiro, no que non se obrigou a ninguén que non quixera a recibir un bico desde un lado e “pasalo” ó outro ata que chegara á monitora para despedila.
Ademais entregou varios exemplares da colección “Contos do mundo” para a biblioteca e mais para o colexio de Currelos.
Día 4 de outubro de 2013 ás 17:00, na biblioteca de Escairón

Da man de Solidariedade Internacional de Galicia chegáronnos estes Contos do mundo, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.
A actividade comezou coa presentación da animadora ós asistentes, quen invitou ós asistentes a viaxar con ela coñecendo un pouco de mundo, a través dun globo terráqueo, vendo países, continentes e océanos.
Acabamos aterrando no norte de África, concretamente no deserto do Sáhara, do cal vimos fotografías: o deserto, casas de adobe, a roupa das súas xentes (incluso vimos como se fai un vestido cunha longa tea, sen fío nin agulla), tamén aprendemos que viven en haimas, escoitamos algo de música, e sobre todo, coñecemos algo máis sobre como viven e algunhas das súas historias.

Animouse ós asistentes a descalzarse como introdución á cultura saharauí que é a que rodeou a sesión desenvolta. Aproveitando que había asistentes marroquís comparouse a cerimonia do té e mais desenvolveuse un baile.
Preséntase o xeito de vida en haimas, as teas coas que se visten, a cerimonia do té (na que se deben tomar 3 vasos). Incluso se deu opción a que quen quixera puidera tocar unha pouquiña area do deserto do Sáhara, o cal nos sorpendeu porque tén unha cor, unha textura e un aspecto sorprendente… Ninguén imaxinaba como sería tocar esa area.
Para que os asistentes identificaran mellor os conceptos que se trataban (o deserto, as haimas, as roupas, as casas de adobe,…) a contadora usou fotos de gran tamaño para velas.

Contou varias historias das que lle contaron cando estivo visitando a Gali e á súa avoa Layla. Os asistentes participaron activamente, e incluso cando nos ensinou como vestir unha tea moi longa para convertila nun vestido típico das mulleres saharauís. Entre as historias que nos contou están a historia do chacal Mohamed e a tartaruga Laha, e a do pastor que se converteu no sol.
O remate da sesión consistiu nun corro que percorreu un bico viaxeiro, non que non se obrigou a ninguén que non quixera a recibir un bico desde un lado e “pasalo” ó outro ata que chegara á monitora para despedila.
Ademais entregou varios exemplares da colección “Contos do mundo” para a biblioteca.
Acabamos bailando todos, e despedímonos cun sonoro bico viaxeiro.
O día 2 de outubro Chrystyan Magic volveu á Biblioteca de Meicende en Arteixo para facer as delicias dos nenos e pais que acudiron a ver o espectáculo de maxia, luz e son.
A duración da sesión foi dunha hora e alternou trucos de maxia con participación dos nenos no escenario, tendo un gran poder de convocatoria.
O luns 7 de outubro ás 18:30 na Biblioteca de Dorneda tivemos “Contos para todos” a cargo de Manuel Solla (Expresión Produccións). Tivo una gran acollida por parte de todo o público asistente, así como unha gran participación. Escenificacións e pequenos trucos de maxia algunhas das cousas que poidemos descubrir.
Os 43 asistentes desfrutaron de 50 minutos de ilusión.


Séguenos