O 3 de maio, utilizando o libro A senda da serpe alada, o mago Christian realizou trucos e xogos para os mais pequenos na Biblioteca Central de Cangas.
Dentro das actividades programadas para a primavera 2013 na Biblioteca Municipal de Meis celebrouse o Día do Libro (23 de abril) unha nova sesión de contacontos orientada a nenos e nenas maiores de 3 anos a cargo do grupo Pavís-Pavós. Cunha asistencia destacada a sesión foi todo un éxito agradando tanto ós nenos como ós seus acompañantes. Nela léronse diversos contos facendo partícipes a tódolos nenos que se atopaban na biblioteca.


O pasado 8 de maio tivo lugar na Biblioteca Municipal de Meis unha fantástica sesión de contacontos e música a cargo do grupo Migallas, dirixida a bebés e nenos pequenos acudindo á cita máis de medio cento. Os nenos e nenas gozaron dos contos e as cancións interpretadas polos dous artistas cos que tamén bailaron ó remate da actuación.
O 25 de abril, Títeres Cachirulo ofreceu na Biblioteca Central de Cangas a súa estupenda representación de Alicia no país das marabillas, facendo as delicias de nenos e adultos.

Fátima Fernández o 20 de abril cos seus contos de animais respondeu e resolveu todas as dúbidas dos nenos e nenas que alí estiveron.

O 13 de abril todos os nenos e nenas disfrutaron cos contos marabillosos que Marisia Irimia recolleu de akí e de akolá.

O 6 de abril visitounos Cucarandainas para xogar ao vexo, vexo na biblioteca Ánxel Casal, a través dunha frase popular os nenos e nenas chegaron a un conto onde apareceron moitos e diferentes animais.

Manuel Solla fixo as delicias de 40 rapaces cun espectáculo no que mesturou títeres, maxia e contacontos. Pretendeu e conseguiu a participación activa de todos/-as.

O pasado venres 12 de xullo, ás 11:30 h, un nutrido grupo de nenas e nenos a partir dos tres anos de idade mantiveron un encontro literario con Miro Villar na Axencia de Lectura Municipal de Carnota. Os participantes asistiron á narración oral de tres contos rimados do autor (Carlota e a gaivota patiamarela, Rebelión na charca e A cobiza do verme Noel) acompañada de proxeccións das súas correspondentes ilustracións.


Séguenos