
Xoán Curiel estivo en Sober e contounos a maneira de formar un grupo de música. A través do teatro e da música coñecemos todos os pasos para montar unha banda de verán, os distintos instrumentos e estilos musicais coma o rock, pop, funk, reggae, rap…
Foi un conto – concerto moi dinámico, rítmico e particpativo!
O xoves 24 tivemos en Portonovo para celebrar o Día das Bibliotecas, a proposta de Donde viven los cuentos.
Dúas piratas moi valentes que nos falaron da igualdade de xénero da man do conto de Daniela Pirata. Unha nena que quere ser pirata e que ten que sortear numerosas probas para demostrar a súa valía.

Os nenos e nenas axudaron nas probas, participaron do proceso dunha poción noxenta, a busca dun tesouro seguindo as pistas no mapa… para acabar recibindo as súas cicatrices como meritorios piratas. Máis dun saía contando que eran resultado da loita con tiburóns ou crocodilos!
O xoves 24 de outubro, Antía Yáñez estivo na Biblioteca de Portonovo para compartir con nos a súa proposta feminista.
Unha actividade moi interesante para descubrir ás mulleres que fixeron historia en Galicia e que non son visibles ás veces.

Figuras coma Exeria, a raíña Urraca, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Elisa e Marcela… mulleres que forman parte da nosa identidade e non sempre no lugar que lles correspondería.
O martes 22 de outubro tivemos a Teatro Calavera coa súa proposta máis doce: “Chocolate”
E a verdade e que o pasamos moi ben, desfrutamos tanto maiores coma cativos e cativas.

Descubrimos as aventuras da pasteleira Tomasa para acadar a súa receita máis doce, que coas recomendacións do cociñeiro Antón, logrou unha receita apetecible para todos os participantes!

Coma sempre, un acerto e un pracer!
Grazas Teatro Calavera
Día 4 de outubro de 2019 ás 18:00, na biblioteca de Escairón
Temos a quinta actividade do ciclo de actividades sobre igualdade na biblioteca con…
con Isa de Menos dá unha pedra
o 4 de outubro, ás 18:00 na sala infantil
Primeiramente vimos que tipo de personaxes queremos facer, escollemos monstros, e logo escenarios posibles (unha casa, un bosque,…)
Con coidado debuxamos e recortamos os nosos monstros.

Despois fixémoslle ocos para poñerlles láminas transparentes de cor.


Despois de preparar tamén algún escenario…


… fixemos unha pequena obra no teatriño de sombras.
Onte martes, tivemos a sorte de ter a Raquel Queizás na Biblioteca e desfrutar da súa proposta de igualdade, enmarcada dentro do programa de promover a igualdade e loitar contra a violencia de xénero.

Foron máis de sesenta cativos e cativas os que se achegaron á Biblioteca de Portonovo para participar nesta actividade. Porque ademáis de desfrutar e axudar, actuaron e riron con ganas, protestaron e cantaron… todo para comprobar que os homes e as mulleres somos iguais.
Da man de Queliña viaxamos para correr aventuras e contar historias, e demostrar que somos iguais de valentes e sensibles.

Unha proposta moi boa de Raquel que fixo as delicias dos cativos, pero tamén dos maiores que se achegaron, ou dos que por alí pasaban.
Ó remate da sesión os rapaces do PaiFill@Nai quixeron darlle as grazas cunha aperta grupal.

Agradecer a Raquel Queizás a súa visita á Biblioteca de Portonovo. Foi un pracer!
Este luns 22, para festexar que esta semana celebrábamos o Día da Biblioteca, tivemos un taller que levou a cabo O Faiado de Nin.
Os participantes elaboraron a decoración para as súas mochilas que lles van permitir sacar en préstamo o material da biblioteca e transportalo sen nengún problema e con unha bolsa feita por eles. Foron moi diversas as ideas e a posta en práctica foi moi divertida.

E por suposto a satisfacción dos nenos e nenas foi moi grande, estaban todos moi orgullosos das súas bolsas, como podedes ver nas fotos.

Moitas grazas ó Faiado de Nin pola proposta.

A compañía sorprendiunos a todos cun cantacontos do máis especial.
Este mércores 20 de xuño, ás 17:00 h, na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo, os bebés de 0 a 3 anos poideron contemplar e desfrutar de “Musicreques. Un cantacontos musical”, un contacontos moi especial que incorporaba música, efectos especiais, ilustracións, contos, obxectos, rimas e xunto a todos os ingredientes necesarios para manter aos máis cativos atentos durante toda a función.
A Asociación Cultural Tres Por Cuatro Tres Cuatro soubo captar non só a súa atención senón que realizou un cantacontos orixinal e enriquecedor no que os máis pequenos 4poideron aprender e deixar voar a súa imaxinación case sen darse conta e cunha boa melodía!
Quedan garantizados estas nenas e nenos como futuros lectores con esta magnífica posta en escea! 😉
O pasado mércores 16 de maio na biblioteca municipal de Poio gozamos, con Marta Ortíz, dos Contos da Festa no faiado, onde grandes e pequenos coñeceron un pouco máis a María Victoria Moreno, e da man de Uxía e Gato viviron historias cheas de imaxinación e maxia.




Séguenos