“A verdadeira historia de Hamelín” en Vimianzo

O domingo 29, nenos e adultos gozaron con MeRe Clown e a súa forma de contar a historia de Hamelín, con malabares, xogos, moito humor e participación do público

O domingo 29, nenos e adultos gozaron con MeRe Clown e a súa forma de contar a historia de Hamelín, con malabares, xogos, moito humor e participación do público
Anxo Fariña contou ós nenos e nenas da Biblioteca Municipal de Lugo, a súa historia “Dulcinea, a nena cabaleira”

É todo un luxo poder escoitar un conto narrado polo seu propio autor e ilustrador!

Este Luns 23 de Setembro na Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda tivemos a visita dos ratiños de Lonxe de Todo do grupo teatral TrinkeTrinke. Coa súa posta en escena do Ratiño Presumido, pasamos unha xenial sesión de contacontos na que ademáis de divertirnos, aprendimos a importancia do valor da igualdade.

O martes 24 tivemos a oportunidade de gozar de “Isto non é unha caixa” da man de Sarabela Teatro, un espectáculo que xunta unha música moi ben escollida, un afortunado fondo escénico e un relato arredor das nove maletas viaxeiras. Coa participación dun público interesado en propoñer novos destinos nesta viaxe, a tarde fíxose curta para satisfacción de todos e todas.


O venres 20 de setembro, estiveron con nós “Lolo e a Ratoa”.
“Tardes de Contos e Lendas” estivo protagonizado por “Marionetas Trécola”, que nos trouxeron diversión e unha historia moi especial. Facendo biblioteca…!!
A carteira de Augas Claras (Carmen Domech) chegou á Biblioteca Municipal de Lugo para entregar tres cartas e contar tres contos.

Os contos eran: Artur e Clementina e Rosa Caramelo, de Adela Turin, e Yo voy conmigo, de Raquel Díaz Reguera. Contos para á igualdade que contados por Carmen Domech, aínda nos gustan máis.

Pakolas é un espéctaculo infantil que combina pequenos contos con moralexa coa música rock ao tempo que se van ilustrando por Laura Romero as personaxes que saen neses contos, de xeito que o resultado final é unha dinamización musical de contos cantados con guitarra e ao ritmo de rock rollo acompañada de debuxos ,na que todxs os nenos interactúan con xestos, bailes e coros ao ritmo das cancións.
Este venres 13 de setembro, tivemos ocasión de disfrutar dete espectáculo na Casa da Cultura Manuel Lourenzo do Concello de Valadouro, 140 nenos e nenas do CEIP Santa María do Valadouro foron o público afervoado que aplaudiu e coreou as cancións de Pakolas de principio a fin.
O xoves 12 de setembro tivemos unha actividade na Biblioteca de Portonovo para celebrar o comezo do curso escolar. Antía Yáñez veu coa súa proposta para que os nenos e nenas coñecesen máis a biblioteca da súa contorna.

A actividade desenrolouse moi áxilmente e participaron 19 nenos e nenas, fixeron as súas búsquedas e atoparon o tesouro.

“Tardes de Contos e Lendas”
Obradoiro moi entretenido no que primeiro houbo un contacontos e despois ensinronnos a facer cunha caixa de zapatos unha marioneta.


Séguenos