O pasado venres 25 de abril co gaio da celebración do “Día do Libro”, cativ@s e maiores desfrutaron da fantástica posta en escea da compañía Barafunda Animación.
O sábado 26 de abril, a compañía Trinke Trinke representou na Biblioteca Pública Municipal de Catoira o espectáculo “Aventuras na cociña”. Foi unha sesión de contos diferente. Un ratiño presentounos un divertido menú a base de froitas e verduras que se convertían en personaxes de incribles historias.

O pasado día 25 de abril os nenos de Vilasantar divertiron na biblioteca cos Contos aos revés de Marcos Pampin
O pasado venres 25 de abril ás 18 horas o escritor Fran Alonso visituo a Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos para falar de poesía. O acto forma parte da programación coa a que a Biblioteca celebrou o DÍA DO LIBRO.
Os asistentes quedaron moi satisfeitos cos poemas, que dun xeito novidoso, recitou o autor.
O pasado Xoves 24 de Abril celebramos no Auditorio do Concello o Día Mundial do Libro cunha nova actividade organizada por BIBLIOPAZOS.
Neste caso contamos coa participación de Fátima Fernández que cos seus “Contos susurrados” transmitiu moitas historias preciosas e estupendas que fixeron as delicias do público presente no auditorio.
Os participantes desta actividade –alumnos de primaria do CPI “Curros Enríquez“ de Pazos e os usuarios de ASPAVI xunto cos seus profesores e monitores acompañantes- permaneceron toda a xornada moi animados e entretidos escoitando os contos de Fátima Fernández, que conseguiu ao longo de toda a actividade que os presentes escoitaran as súas historias en silencio, coas orellas moi abertas e cunha participación moi activa.
De seguido tedes unha pequena mostra en imaxes do que pasou ese día:
Mas información en BIBLIOPAZOS.
O venres 25 de abril, coincidindo coas actividades programadas polo Día do Libro, Manuel Gago, autor de “Vento e Chuvia”, achegou aos asistentes á Biblioteca Central Rialeda do Concello de Oleiros, ao mundo da cultura dos castros, da súa mitoloxía e deuses galaicos. O público asistente estivo moi atento as súas explicacións participando con preguntas e intervindo en moitas ocasións.
O mércores 23 de Abril, coincidindo con día do libro, tivemos na Biblioteca Pública de Maceda pola mañá a Luis con “Animalario Fantástico”. 40 nenos de EP do colexio público de Maceda.
Primeiro proxectoulles dibuxos de animais mitolóxicos, rematada a proxección os nenos/as tiverons que confeccionar dous libros de :”Animalrio Fantásico”

Obradoiro que cautivou aos participantes. Estes sentíronse científicos e aprenderon moito sobre electricidade estática, reaccións químicas e libros.
O pasado martes 22 de Abril ás 19:00 h. na Biblioteca Forum Metropolitano, dentro das actividades do Día do libro, desfrutamos do recital de poesía de Lucía Aldao e María Lado: Con dez poemas por barba.
“Con dez poemas por barba”, resultou un recital dos poemas máis significativos de Aldao e Lado, no que contaron as suas máis hilarantes experiencias como poetas, riron das súas miserias líricas e cantaron as súas cancións preferidas.
Foi un espectáculo con exito de publico e que soubo emocionar a aqueles que odian a poesía.


Séguenos