Dadá o Duende
A Biblioteca Pública Municipal de Poio, recibiu unha grata visita de Dada o Duende o domingo 28 de setembro.
Grazas o grupo Eduvia por echer de ilusión os máis pequenos.
A Biblioteca Pública Municipal de Poio, recibiu unha grata visita de Dada o Duende o domingo 28 de setembro.
Grazas o grupo Eduvia por echer de ilusión os máis pequenos.

O luns, días 29 de setembro, tivemos a gran sorte de poder presenciar e participar no gran espectáculo que nos deron tanto Martin Camiña como Álvaro Muras. Todos os asistentes, tanto cativos como maiores, desfrutaron coa maxia e a música de Maxicosons.
Un espectáculo dinámico, entretido , divertido e diferente.


O venres, 26 de setembro, a Biblioteca de Nós encheuse de maxia co espectáculo de Chrystyan Magic.
A actividade levou por título “Na senda da serpe alada” e cautivou a todo o público presente que se amosou moi participativo e con moitas gañas de disfrutar.
Chrystyan Magic fixo gala de simpatía e bo humor, pero sobre todo sorprendeu cos seus trucos e xogos de maxia.
O espectáculo desenvolveuse entre risas, aplausos e admiracións. Ao remate, como en todas as grandes actuacións, o público pediu máis, polo que Chrystyan Magic, moi amablemente, regalounos un último truco para despedirse.

Con esta actividade, os voluntarios de Solidaridade Internacional, achegaron ós nenos, a cultura de catro países centroamericanos, a través das súas lendas e historias, facéndolle ver as diferenzas como algo positivo e interesante que axude a afianzar o respeto mutuo.
Obradoiro impartido polo debuxante MANEL CRÁNEO.
Destinado a nenos e nenas de 6 a 10 anos.
Lectura de dous libros do Diario de Pichük con ambiente sonoro en directo. Buscouse aprender e practicar a creación de personaxes e mundos imaxinarios a través do debuxo e as palabras. Fabricáronse chapas que cada neno/a levou para a casa.
O venres, 26 de setembro, na Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado” de Mera (Oleiros) celebrouse a sesión de narración oral para bebés Triquitraque – Traquetriqui.
Os pequeniños da casa seguiron con atención, no colo das súas nais e pais, os xogos, historias e cancións coas que nos deleitou Charo Pita durante 40 minutos de gozo e diversión.
A xenial ilustradora Noemí López achegouse á axencia de lectura de Chapela para instruir aos rapaces nas pautas básicas para debuxar.
A proposta centrouse na representación de personaxes. Noemí foi conducindo aos rapaces a través do debuxo, achegándolles as nocións básicas e moitos consellos para dominar as proporcións, reproducir as emocións e expresións faciais ou expresar o movemento.
Máis no blog das Bibliotecas de Redondela: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/09/contando-con-imaxes-noemi-lopez-achega.html
Hoxe na biblioteca de Esgos puidemos desfrutar de “Contos do mundo”, unha viaxe por América Central na que participaron 22 nenos e nenas.
O xoves 25 de setembro moitas nenas e moitos nenos crearon uns personaxes únicos e orixinais, cuns materiais pouco convencionais: leitugas, tomates, cebola, pasta, froitos secos, legumes, cenoria, repolo e moitas outras cousas ricas e sans.


Séguenos