Charla de Concha Blanco na B.P.M “Xerardo Díaz Fernández” de Porto do Son
![IMG_0157[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/05/IMG_01571-300x225.jpg)
Interesantísima charla de Concha Blanco “Manuel María, profesional da palabra, pero sen soldada”.
![IMG_0157[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/05/IMG_01571-300x225.jpg)
Interesantísima charla de Concha Blanco “Manuel María, profesional da palabra, pero sen soldada”.

Un grupo nutrido de nenas e nenos participaron activamente na proposta narrativa de Raquel. Diferentes historias de diversos países do mundo onde, a xeito de fábula, os animais son os protagonistas. Utilizou obxectos do cotián, títeres e música que imprimiron un gran dinamismo a esta contada.

A estupenda actuación do grupo musical Xardín Desordenado tivo lugar no marco da celebración do Dia das Letras Galegas e da colaboración da Biblioteca Municipal Ágora da Coruña co grupo Dado, que engloba aos clubes de lectura de varios centros de ensino secundario da cidade. Máis de 250 rapaces/zas e os/as seus/súas profesores/as xuntáronse para escoitar as cancións de tres dos compoñentes deste grupo especializado na poesía galega. As voces de Marlene e Santiago, a magnífica guitarra de Isaac Garabatos, e as intervencións de Santiago Ferragud, fiando textos, destacando os elementos fundamentais dos poemas, fixéronse cun auditorio que gozou da música da palabra e da poesía que explica, reivindica e serve para emocionar e comunicar. Elixiron poemas de Manuel María, por suposto, pero tamén de Fernán Vello, Xosé Cáccamo, Olga Novo, Carmen Kruckenberg… Tralo concierto, gala de entrega aos premios do concurso de videos de recomendacións de lectura feitos polos/as alumnos/as.

O luns 9 de maio, na biblioteca Monte Alto, tivemos un obradoiro tan divertido como instructivo: resolvemos un caso criminal, o roubo dun valiosísimo manuscrito. Grazas os restos biolóxicos que deixou o ladrón, e tamén os coñecementos de biotecnoloxía que adquirimos con Manuel Vicente, e so usando material de cociña, descubrimos ó culpable e recuperamos o libro roubado.


![]()
![]()
As nenas e nenos do CPI de Zas recibiron a visita de Paco Nogueiras que lles presentou o seu libro-cd “Brinca Vai, de Aquí a acolá”


O xoves 12 de maio tivemos na actividade “A Biblioteca dos pequeños” a Marisa Irimia con “Contos de marmeleiro, anís e limón”. Realizou unha sesión de contacontos con bonecos e cancións para bebés moi entretida e divertida. Os asistentes quedaron moi contentos coa actuación.
A barraca de Barriga Verde fixo un alto no seu percorrido polos pobos e feiras de Galicia, para visitar a Biblioteca Municipal de Lugo.

Unha representación para conmemorar ao poeta Manuel María nestas Letras Galegas 2016

Trinke Trinke sigue de ruta polas axencias de lectura de Cambados, onte tocoulle o turno aos rapaces da ALM de Vilariño que puideron gozar do contacontos de Riciños de Ouro mesturado con música e xogos.
A actividade, que resultou moi divertida, enmárcase dentro da programación adicada ás Letras Galegas neste mes de maio.


Como facer que adultos e máis pequechos queiran máis contos, máis festa e máis biblioteca? Pois con música, con risas e moitos moitos libros. Todo iso foi posible co grupo Migallas, na festa final dos Bebencontros que a Biblioteca municipal Infantil e Xuvenil da Coruña preparou para despedirse por este curso.
Dende outubro disfrutamos das familias, dos seus pequerrechos e dunha morea de contiños, músicas e libros, e o 7 de maio poidemos xuntar a 28 bebés e ás súas familias para celebrar, por todo o alto, o que máis nos gusta… todos ese sorrisos acadados na Biblioteca.
Co seu libro-disco Pan de Millo ben presente, Bea e David (de Migallas) foron recibindo xa cediño ás familias, arrexuntándoas para entrar de cheo no mundo da fantasía e risas que trouxeron ca música e os contiños.
Gracias a todos por compartir todos estes momentos!
Esperámosvos prontiño!

Paco Nogueiras ( e a súa amiga “máquina”) presentáronnos o seu “libro-disco-DVD” aos nenos e nenas do CEIP Labarta Pose de Baio. Cancións moi divertidas que nos fixeron mover e rir a esgalla. O samaín, o magosto, xogos tradicionais, o apalpador… para recordarnos que “noso o mundo é” e invitándonos a seguir lendo e falando en galego.




Séguenos