29/09/2016
O pasado mércores, 28 de setembro na sala de contacontos da Biblioteca de Santa Cruz, tivo lugar a actividade de Bibliocanta, as nenas e nenos disfrutaron un montón coas cancións e os xogos de Chío, cantaron, bailaron, coñeceron o seu corpo dunha forma lúdica, disfrutando das cancións máis tradicionais da nosa lingua, retahílas, cancións de “botar a sortes” ou de “toca”, aplaudiron con aplauso e aplauso e medio, ata converterse en fogos artificiais que estouparon na sala de contacontos e que fixeron as delicias de pequenos e maiores.

Dedín Dedán….

BIBLIOCANTA

Vamos bailar….
As cancións : Os parruliños, O polo, Palmiñas, Carrasquiño, Pésdelan, Dedín Dedán,…. permitiron a pequenos e adultos coñecer ou recordar as cancións tradicionais da nosa lingua, un xeito de recuperar a oralidade dunha forma lúdica e creativa.
Séguenos