POLO CORREO DO VENTO NA BIBLIOTECA “HENRIQUE RABUÑAL” DE ARTEIXO
Este xoves, día 5 a animación foi por conta de Polo Correo do Vento con “Os xoguetes de Clío”. Nenos e nenas gozaron deste contacontos con ilustracións que lles permitiu achegarse a obra de Carlos Casares dunha forma distinta, eles tamén participaron facendo a súa propia ilustración.













Onte, martes 3 de outubro, Pavís Pavós visitounos de novo na Biblioteca Manuel María de Oleiros cun feixe de contos cheos de tradición oral, musicalidade e valores universais que van deixando pegada en cada un de nós.
F
átima Fernández deleitounos con contos que recordaba que llos contaba seu avó, sucesos ocorridos en Foz, a norte dunha nena que foir tirada polo seu pai ó río. A historia dun labrego que non quería traballar e converteuse en ladrón de luba branca e logo casou cunha ladroa e tiveron unha filla que naceu cun problema na man e co tempo descubriron que non eran quen de abrila por que tiña nela o anel da matrona que a axudou a nacer. Un gaiteiro que foi andando para Mondoñedo e non fixo caso da advertencia de que polo camino había lobos, atopouse cun e pensou que como a música amansa ás feras pois tocoulle cancións, pero apareceu un lobo xordo que o terminou papando. E por último unha historia de amor entre dous mozos que se coñeceron cando o mozo estaba facendo a mili, cando este rematou marchou e estiveron 30 anos sen verse, o voltarse a encontrar os dous eran viuvos e decidiron xuntarse e viven nunha residencia de anciás.




Séguenos