“Xan Perillán e a maleta máxica” de os Monicreques de Kukas
Este sábado, día 15 de setembro tivemos en Bergondo o espectáculo de “Xan Perillán e a maleta máxica”, espectáculo que conectou co público dende o primeiro momento.



Este sábado, día 15 de setembro tivemos en Bergondo o espectáculo de “Xan Perillán e a maleta máxica”, espectáculo que conectou co público dende o primeiro momento.




Esta tarde, na biblioteca de Monterroso, tivemos un obradoiro de maxia impartido polo Mago Pedro Bugarín. Pasámolo moi ben , aprendemos trucos sinxelos pero emocionantes. Ao terminar recibimos do mago un agasallo moi orixinal.
Día 7 de setembro de 2018 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Xa é setembro e pronto volve o cole e é un bo momento para calmar un pouco os nervios que provoca a sensación de que acaban as vacacións e volve o tempo da escola. E na biblioteca preparámonos a fondo para a volta ó cole cunha selección de libros moi especiais e coa sesión de contos do catálogo Ler conta moito:
da man de Ernesto Is
o 7 de setembro, ás 12:00 na sala infantil
á que asistiu quen algunha vez se sentiu diferente, quixo soñar con nenos e nenas moi especiais que nos fixeron protagonizar historias imposibles, viaxar a planetas afastados, medrar e encoller de tamaño, converternos en… o animal nena, ou o animal carpinteiro, coñecer á superheroína Megawoman, saber que lle pasou ó neno Tito-dinosauro, ou coñecer os glomdulubolianos.
Comezamos cun intenso e moi efectivo entrenamento para atender e entender mellor os contos: abrindo moito os ollos e as orellas…
e pechando a boca para falar só cando hai que participar falando…

Acompañamos a Mara cando se converteu no animal nena un día no que no lugar onde vivía deixaron de funcionar todos os aparellos electrónicos.

Pensamos en cal é o noso superheroe ou superheroína favoritos cando a Max lle fixeron a mesma pregunta. Tamén e que pasa cando nos portamos mal, mentras escoitamos como Tito se converteu nun dinosaurio por comportarse coma un na casa e á mesa.

Imaxinamos como quedou a cidade de Krakovia cando chegaron os glomdulubolianos para tinxilo todo de gris ata que marcharon.

Todo isto aderezado coa selección de libros sobre o cole e nenos e nenas diferentes, instalados na Casa dos ratos.


O día 7 de setembro na B.P.M. de Láncara os nenos disfrutaron dunha sesión de contos, maxia e teatro na que participaron interpretando aos personaxes dos contos.

Na tarde do venres as nenas e nenos de arnoia e os non tan nenos desfrutaron do espectáculo, obradoiro e actividades de Maxia co Mago Pedro Bugarín e o Mago Teto.
¡Moitas gracias! Foi unha tarde moi especial.
O 7 de setembro, Ian & Elisa fixeron disfrutar ao público co seu espectáculo “A maxia dos contos”reunindo maxia e sombras chinescas e usando contos e fábulas como fio conductor facendo que grandes e pequenos disfrutasen dun fermoso e entretido espectáculo onde se fomenta o hábito da lectura como método para facer voar a imaxinación.





O pasado día 7 de setembro na biblioteca de Silleda asistimos ó contacontos da compañía Trinketrinke “Avós”.

Resultou moi entrañable e melancólico polo que supón o ciclo da vida.

O público axiña conectou co conto, no que se puxo de manifesto a importancia dos avós na vida dos nenos. Unha complicidade íntima e profunda.

O pasado 31 de agosto na biblioteca municipal de Paderne, os nenos e nenas que participaron nas aulas de conciliación do verán puideron desfrutar dunha animada xornada , dentro do programa “Ler conta moito” levada a cabo por Duende Sico co seu obradoiro de “Como un allo”.
Durante a mañá os nenos foron partícipes deste xogo de mesa ,que o tempo que divertido moi instrutivo que abarca tanto aspectos específicos como xerais na lingua. Para o que foi preciso facer dous grupos , e simular a posta en escena dun programa de televisión con megafonía e todo.
Rematou con bailes, cancións e obradoiros creativos, dando un toque mais festivo se cabe a esta xornada.
O mércores 5 de setembro estiveron con nós Miska e Muska facéndonos desfrutar coas súas maravillosas historias.




Séguenos