02/10/2019

Este fin de semana xs nenxs de Porto do Son puideron desfrutar da actuación de Pedro Brandariz na B.P.M Xerardo Díaz Fernández de Porto do Son. Esta actuación enmárcase dentro do Programa LER CONTA MOITO.
A actuación foi a cargo de Pedro Brandariz, coa actividade Os Contos do Grúfalo.
Trátase dun espectáculo de narración oral protagonizado por un ratiño que vai atopando diferentes animais no bosque. Todos o queren papar, pero de todos eles consegue salvarse con moita astucia e recurrendo a un ser imaxinario: o Grúfalo. Unha invención da súa cachola que se cadra finalmente non era tal…
As idades recomendas desta actuación foi de 4 a 10 anos
Séguenos