Autores con pegada na biblioteca de Bertamiráns
O pasado día 19 a biblioteca de Bertamiráns encheusenos de pequenos artistas que se converteron por un ratiño en grandes ilustradores con resultados espectaculares, todo da man de Isa Herrero.

O pasado día 19 a biblioteca de Bertamiráns encheusenos de pequenos artistas que se converteron por un ratiño en grandes ilustradores con resultados espectaculares, todo da man de Isa Herrero.


O pasado xoves 24, os usuarios da biblioteca do Milladoiro puideron gozar dunha marabillosa contada inspirada pola nosa tradición oral da man de Vero Rilo.
Os nenos e nenas que participaron no obradoiro de Isa Herrero o venres 18 convertéronse durante un ratiño en ilustradores e gozaron das manchas, das ilustracións, dos textos, da arte en definitiva! Deixámosvos unha mostriña!
Tarde entretida con Mirari pintando un cadro con teas e lás.
O venres 18 de setembro os máis pequeniños disfrutaron moito con Xabi do Camiño . Comerá o bebé ? fíxonos participar a grandes e pequenos.!!
Onte tivemos no Auditorio do Concello a segunda actividade do programa LER CONTA MOITO deste ano 2020.
Nesta ocasión estivo con nós a Genma Pardo que nos trouxo o espectáculo “DETECTIVE GEMOLA. O MISTERIOSO CASO DE…” co que durante unha horiña que durou o show nos tivo entretidos e animados axudándonos a resolver as pistas coas que fomos quen de resolver este caso.
Os asistentes, os rapaces e rapazas de 3º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos- foron resolvendo as pistas coa axuda da Detective Gemola e ao final descubriron quen fora o asasino. Pero non o imos dicir por si queredes ir a ver o espectáculo outra vez noutra biblioteca.
Se algúns soñaron con ser uns auténticos detectives e resolver misterios inexplicables; e lles chaman a atención as series de investigación tiveron a súa oportunidade onte mediante o traballo realizado para resolver este misterio e sentirse os mellores detectives do mundo.
Grazas a todos por participar e a Genma Pardo por facelo deste xeito divertido, ameno e participativo.
Cinema marabillas en streaming
Polgariño, Alicia no pais das marabillas, Peter Pan, O mago de Oz…Raquel Queizás relatounos contos clásicos acompañados da proxección das primeiras adaptacións cinematográficas do cine mudo.



A Biblioteca Municipal Os Templarios, de Cambre, abríu a temporada de actividades do programa “Ler conta moito” coa actuación do músico Xoán Curiel. O cantante fixo unha amena presentación de Antón Fraguas (Letras Galegas 2019) e Carvalho Calero (Letras Galegas 2020) adecuada ao pùblico infantil que disfrutou e participou tamén activamente desta sesión. Grazas, Xoán, e grazas aos participantes que se animaron a romper o xeo nesta primeira sesión!


O xoves 24 de setembro, Leo Leíño visitou a Biblioteca das Pontes de García Rodríguez co seu espectáculo Bibliotemaxia. Todos os nenos e nenas desfrutaron moito, especialmente cando apareceu o coello “Gachas”. Aínda que con máscara e aforo limitado seguimos a desfrutar das actividades da biblioteca porque a cultura segue.
Xoves 24 de setembro na Axencia de Lectura de Meaño visitaronos Al e Tana para facernos unha tarde divertida coas suas historias e cuestións caninas e humanas e tamén sobre libros e a lecrtua. Tana encandilou os nenos coas suas ocurrencias e as súas cancións.



Séguenos