08/10/2021

Hoxe demos por rematadas as actividades do programa LER CONTA MOITO na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén coa estrea mundial do excelente espectáculo “FRUMARIO O BIBLIOTECARIO” de MANUEL POMBAL no que “da man dunha personaxe moi especial os nenos e nenas descubriron os segredos máxicos que se esconden nos andeis da biblioteca. Dinámicas escenas de fantasía, asombrosas narracións, ciencia, poesía, música,… sorprenderon aos participantes, animándoos a buscar os tesouros que a lectura nos ofrece: Emoción, misterio, diversión… E o máis importante: Todo nun mesmo lugar, a nosa biblioteca.”
Nesta ocasión estiveron convidados os
alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos que gozaron deste espectáculo no que descubriron que nas bibliotecas existen mundos diferentes e poden vivir un sinfín de historias e aventuras dunha forma moi fácil e barata:
Lendo.

Séguenos