OBRADOIRO DE PAPELARTE
A través dunha técnica artística antiga , as participantes deste obradoiro crearon unhas preciosas figuras, nas que non faltou a alusión á lectura.
![]()
A través dunha técnica artística antiga , as participantes deste obradoiro crearon unhas preciosas figuras, nas que non faltou a alusión á lectura.
![]()

Na biblioteca das Neves festexamos o día das Letras Galegas con Electra unha gran profesional que facilitou o proceso de creación das participantes neste obradoiro de cestería en papel.

Quen fai un cesto, fai un cento é un obradoiro no que as participantes aprenderon a técnica do trenzado, con papeis reciclados, para facer cestos.
Contacontos tradicional contando co libro e a expresividade de Sara.
Poucos elementos pero moi ameno para o pequeno público


O Xoves 19 de maio rematamos a programación con motivo das letras galegas con Magín Blanco e o seu contacontos musical.



Unha actividade moi creativa que tivo lugar na bibioteca do CSC de VIte do Concello de Santiago, na que a través da técnica dos caligramas e dos poemas de Florencio Delgado realizáronse bolsas de Tea e traballallouse a expresión artística. Todos os participantes quedaron moi satisfeitos co resultado

O pasado xoves, Bea e Manuel de Migallas estiveron na Biblioteca de Carral cos máis pequenos da casa.
Cantaron, contaron e entusiasmaron ós pequenos espectadores que nos acompañaban.
Non foi doado mantelos sentados!! A sesión rematou cun baile e pedindo…. OUTRA OUTRA! Un dez para Migallas, como sempre…
OQO achegou á biblioteca do Grove o seu espectáculo “Contos da Leiteira” con varias historias de empoderamento femenino, ás veces con mulleres de carne e óso, e outras, representadas por animais; como a galiña do conto “O galo traganoces”, outras veces con marcados clixés e tradicionalismo; como no conto “A máscara do león”, que agocha unha crítica a todos aqueles que viven as súas vidas conforme ao que os demais agardan deles.

“Os contos da Leiteira” no Grove
Tamén alertaron das dificultades de alcanzar algo tan esencial como é a identidade persoal, o recoñecemento a ser un mesmo.


Papelarte é un obradoiro versátil, cunha duración axeitada, esteticamente moi bonito, guiado por unha gran profesional que facilita moito todo o proceso de creación e no que se elaboran auténticas obras de arte.


Na Biblioteca de Coristanco festaxamos o día das Letras Galegas na compañía de Antía Yáñez, quen nos sorprendeu cun obradoiro cheo de experimentos e fitos misteriosos. Maxia e ciencia uníronse neste taller onde as matemáticas e as reaccións químicas protagonizaron estes “encantamentos”.




O 16/05/2022



Séguenos