A Alquimista (ou a ciencia dos libros) CON CRISTINA COLLAZO
A música e o teatro foron o fio conductor da historia da alquimista que logrou descubrir importantes instrumentos necesarios para a humanidade.

A música e o teatro foron o fio conductor da historia da alquimista que logrou descubrir importantes instrumentos necesarios para a humanidade.

O sábado 24 de setembro ás 18.00 h no Auditorio Municipal de A Illa de Arousa tivo lugar a actuación de Rosa Caramelo e outras historias interpretado por Artur Trillo a cargo de Talía Teatro.

O 23 de setembro na B.P.M. de Láncara tivo lugar o espectáculo “Contamaxias” a cargo do Mago Paco. Actuación na que se mesturaba contos, xogos e maxia e coa que o público asistente pasou unha divertida xornada.

Este pasado sábado 24 de setembro acompañounos Charo Pita e a súa formiga nunha mañá chea de contos para pequen@s e grandes na que houbo unha chea de diversión na Biblioteca Infantil da Biblioteca Ramón Suárez Picallo de Sada.

O pasado sábado 24 os amigos de Pérez&Fernández visitaron a BPM de Oroso para compartir con nós un montón de contos que tiñan como eixe común o amor, o respeto, a tolerancia e a diversidade.

O Día Internacional da Lingua de Signos tivemos un contacontos moi especial na biblioteca. Moitas grazas, ContAZ
Actividade para pequenos e grandes, na que se interactúa coas actrices, dinámica e participativa. Introdúcenos ó mundo da lingua de Signos dun xeito lúdico.
Unha actividade inclusiva, na que se desfruta e se aprende a partes iguais. O conto fomenta valores, tales como, a amizade, o perdón, ou a empatia entre outros moitos.

Despois de moito tempo sen recibir a súa visita, ao fin estes “ratos de biblioteca” puideron regresar a Sarria.

Volveron cargados de contos e aventuras para compartir cos nenos e nenas, e tamén cos pais e nais que nos acompañaron o pasado venres.

Os ratiños cantaron moitas cancións e fixeron algunhas travesuras, sobre todo o Ratiño Pillo que non paraba de querer comer bocatas e de estropear o regalo que estaban facendo para a súa amiga Lili. Menos mal que o público lle dicía como tiña que comportarse!

A biblioteca de Sarria despide a estes ratos un ano máis, agardando que volvan pronto, e así poder falarlles de todos os nenos novos que visitan a nosa biblioteca gracias a eles.
O venres 23 tivemos a visita de Charo Pita, con este espectáculo para nenos e nenas de ata 3 anos, combinando a narración oral e a música para axudar a un primeiro contacto dos máis pequenos coa lectura e a interactuar con pais e nais nesta experiencia lectora.

Charo Pita na BPM do Grilo
Gran espectáculo do mago Pedro Bugarín que nos ofreceu un espectáculo de maxia con xogos espectaculares e novidosos. A xente disfrutou moito da actuación!



Séguenos