Procúra-se Pepa a Loba
Actividade que gustou moito.
Contacontos interactivo donde a danza e a música se fundían, mantendo o público sempre activo e participativo

Actividade que gustou moito.
Contacontos interactivo donde a danza e a música se fundían, mantendo o público sempre activo e participativo





e o vento.O xoves 15 de setembro de 2022, ás 19.00 h., na biblioteca do Porriño tivemos a actuación de Larraitz coa obra “A festa dos monicroques”, un espectáculo de títeres familiar á que acudiu un gran número de persoas da nosa comunidade.
Moitas da formas titiriteiras beben da cultura popular, dos mecanismos e utilización de materiais que recoñecemos nos brinquedos tradicionais, nos cantos e na narración oral. A Madeira, as teas, a herba trenzada están nos monicreques que leva para celebrar nas bibliotecas a festa por compartir todo ese coñecemento nunha conversa exemplificada con escenas de títeres, poemas de Rosalía de Castro e cancións populares.

Nenos e maiores de Castro de Rei disfrutamos co contacontos ” Amadeo e as historias do galiñeiro” narrado por Raquel García Crespo.
Con este conto aprendemos que como fixo o galiño Amadeo temos que loitar sen medo para conseguir as nosas metas.

Actividade de dinamización da lectura mediante representacion teatral . Enorme Marta Rios
. 

Continuamos coa programación de Ler conta Moito 2022!

Para celebrar o inicio do curso escolar o pasado venres 16 de setembro estivo con nós en Pazos de Borbén PACO CERDEIRA “PAKOLAS“ acompañado de RAMONA ÓRBITA coa súa máquina do tempo coa que nos fixo viaxar ao futuro e ao pasado para procurar tecnoloxía que nos permitira crear un mundo mellor, máis ecolóxico e con enerxías limpas.
Con boa música e excelentes cancións interpretadas por Pakolas viaxamos á prehistoria onde coñecemos a Manolo Cavernario e xantamos churrasco de mamut; visitamos a Leonardo Da Vinci no Renacemento; estivemos tamén co faraón Ramsés en Exipto e visitamos moitos mais lugares onde descubrimos moitas cousas interesantes.
Estivo con “Ramona Órbita” e “Pakolas” todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI “A Galeriña” de Nespereira, ademáis dos usuarios da Asociación ASPAVI acompañados dos seus mestres e monitores; e podemos garantizar que todos os asistentes o pasaron moi, pero que moi ben.
Aquí vos deixamos unhas imaxes do evento.

O espectáculo “A Festa dos Monicreques” fixo as delicias dos compoñentes do obradoiro de memoria da Biblioteca Pública de Moeche. Moitas risas ao fío das peripecias de Barriga Verde e demais personaxes, e moitas lembranzas da infancia, cando ela viña xa a Moeche “nas timbecadas” de feiras e festas, que remataban así: “Morreu o demo, acabouse a peseta”.
Larraitz Urruzola, a artista, na súa liña da calidade de sempre.
Este venres visitounos Santy Gutiérrez para axudarnos a realizar unha cómic dende cero. Grande e pequenos aprendimos cómo é un guión para realizar unha banda deseñada e como facer a nosa páxina con distintas vistas e recursos da novena arte. E para rematar puidemos levarnos o noso traballo como base para seguir avanzando na historia.
A Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo de Cambre acolleu este venres, 16 de setembro, o espectáculo “O paroleiro” a cargo da compañía Os Contos de Pablísimo. O paroleiro, apoiandose en distintas técnicas e estilos, enredou ao público infantil e familiar cun feixe de divertidas historias, ofrecendo unha sesión memorable.



Séguenos