OS CONTOS DE IRIA PINHEIRO NA BIBLIOTECA DE MEIS
Relatos sobre a diversidade na vida cotiá. Estimulantes historias maxistralmente narradas.

Relatos sobre a diversidade na vida cotiá. Estimulantes historias maxistralmente narradas.

O día 28/08/2023 na Biblioteca municipal Segundo Gil Davila de Arbo tivo lugar esta actividade centrada na igualdade e en historias relacionadas con esta temática. Todo o tempo foi moi dinámica e participativa, tanto cando contaba historias, como tocando a guitarra e cantando poemas de Rosalía, como cos monicroques. Fala de diferentes aspectos da igualdade: o respecto, tratar aos demais como queres que te traten, ou que ser diferente é “fantástico”. Incluso houbo momentos para bailar seguindo uns pasos. En resume, unha actividade divertida e na que se foi adaptando a todas as idades para que todos puideran participar.
A actuación comezou ás 11.30 h e rematou ás 12.30 h; acudiron un total de 31 nenos e nenas de seis a trece anos de idade, e 6 adultos.
Os nenos e as nenas que participan nun campamento de verán achegaronse a biblioteca para realizar diversos experimentos. A actividade foi moi participativa e pasarono en grande.

O pasado xoves día 24 de agosto acollemos o espectáculo de maxia do Mago Paco, que xa estivo o pasado ano no noso concello e que gustou moito tanto a maiores coma pequenos. Foron moitas as persoas que se achegaron a ver esta actuación, que arrincou moitos aplausos nunha contorna xenial como é a nosa área recreativa que axudou a levar moito mello a forte calor do día. Todxs pasámolo moi ben!





O día 24.08.2023 no Salón de Plenos adxunto á Axencia de lectura congregaronse nen@s, mozos e adultos para crear chapas pola igualdade.
En continua colaboración e con moita ilusión todos acabaron lucindo as súas creacións e presumindo da súa obra.-


O dia 19.08.2023, a pesares das condicións climáticas desfavorables que impediron a realización da actividade ao aire libre; xuntáronse na Nave do Concello, un grupo de nenos/as xunto cos adultos, dispostos a aprender as técnicas de creación de pinturas naturais; e o máis interesante, a poñelo en práctica coa realización dun Mural onde quedaron reflexados os coñecementos dese día e a aposta pola igualdade que se fai dende este Concello e esta Axencia de lectura de Parada de Sil
Esta tarde as 19:00h recibimos na Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas a visita de Iseo a Moura, que namorou a grandes e pequenos e pequenas cos seus contos sobre ‘Amor, cortes e feridas’, unha historia con momentos musicais sobre o importante de quererse a unha mesma para amar en liberdade.
Na mañá do mércores 23 de agosto tivemos maxia, humor, participación do público e tamén, un feixe de despropósitos co artista Martín Camiña.




Séguenos