“Menú máxico de contos” en Bueu!
Este luns 22 de abril pequen@s e maiores puideron gozar do “Menú máxico de contos” de Cris de Caldas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, xusto ao carón da biblioteca provisional municipal de Bueu. Neste contacontos houbo adiviñas e roliños de poesía con salsa agridoce, contos diversamente necesarios e outros contados a baixa temperatura. Que ben o pasaron!






“ABRIL DE CONTOS”, o martes 16 de abril iniciamos na Biblioteca de Cela o programa “Ler conta moito” e fixémolo cun contacontos moi especial no que Anxo Moure deleitou á cativada con historias arredor dos bosques, da natureza e das bibliotecas.






















Séguenos