Raquel Crespo na Axencia de Lectura de Tirán en Moaña
Co seu espectáculo Quiquiriquí! Raquel Crespo fíxonos desfrutar dunha tarde chea de contos.

Co seu espectáculo Quiquiriquí! Raquel Crespo fíxonos desfrutar dunha tarde chea de contos.

A cativada achegouse onte en Bueu aos contos a través da maxia. Foi da man da actividade “Contamaxias” do Mago Paco. Un espectáculo moi divertido do que gozou o público infantil e familiar na Biblioteca Municipal Torrente Ballester.

O martes 11 de xuño ás 18:00h. o CL Pintor de Castinande contou coa presencia de Soledad Felloza, actriz, contadora de historias, fotógrafa e dramaturga.
O seu espectáculo, chamado “ESTRELAS”, está cheo dun montón de historias baseadas na narrración oral galega. “Estrelas” “é un espectáculo de historias de rapazas e mulleres reais e do mundo literario que loitan por un mundo sen violencia e con igualdade plena. Pasamos unha tarde estupenda.

A biblioteca de Mugardos descubriu o luns á tarde que a vila está chea de mulleres talentosas con moita creatividade! E foi no obradoiro “Iluminadoras”, da man de Natalia de MujerArt, no que, logo dunha primeira parte didáctica sobre a figura das iluminadoras medievais, levaron a cabo un obradoiro de modelado de arxila na que elaboraron cadanseu candeeiro. Unha actividade que orientamos a un público de +65 cun resultado máis que satisfactorio!
Hoxe tivemos a sorte de escoitar os contos que nos tiña preparados Anxo Moure e ata demos un pequeno paseo pola praza da igrexa do noso pobo na súa ciclobiblioteca! A rapazada pasouno xenial entre contos, risas e moita música!




O alumnado de secundaria do Cpi dos Dices gozou o 10 de maio no auditorio dunha mañá de regueifas. Lupe Blanco, unha das voces imprescindibles na expansión actual da regueifa, explicou á cativada as características desta disputa dialéctica improvisada e en verso que forma parte da nosa tradición oral.
Os nenos e nenas tamén tomaron a palabra con moitas arte e demostraron que teñen madeira para regueifar.
A actividade forma parte da iniciativa ALinguamos cos centros educativos que o Concello inclúe na programación Rois no Camiño das Letras Galegas e forma parte do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.
#OCamiñodasLetrasRois #maioenRois #RoiscoasLetrasGalegas #regueifas #concelloderois #lercontamoito
Contacontos de palabras e cancións acompañado de obxectos para manipular: grans de millo, plumas, instrumentos musicais…; destinado á rapazada de 1 a 4 anos e á súas familias.
O pasado mércores Eduvia visitou o Centro de Atención a Persoas Maiores de Ortigueira co seu espectáculo BiblioCanta. Os nosos maiores cantaron, bailaron e divertíronse nunha sesión en torno ao cancioneiro tradicional galego.


A partir do conto Maruxa, e utilizando como excusa o proceso e elaboración do pan, chegaron ós nenos e nenas mundos tan atractivos como a cociña plástica e a narración oral

Carlos Méndez falando cuns rapaces.


Séguenos