Paco Nogueiras na biblioteca municipal de Beluso. Bueu

Na Biblioteca Municipal de Lugo recibimos a Caxoto que está de xira celebrando que xa leva 20 anos percorrendo os escenarios de Galicia cos seus contos. Non podíamos deixar de participar nesta celebración!


Cantounos e contounos algunha das histórias que lle contaba a súa avoa e presentounos, ademais, o seu libro “Avoa, neto e burro”
Parabéns por estes 20 anos!!!
Lydia Botana levou a biblioteca de Moaña un espectáculo moi participativo onde nenas e nenos gozaron dun concerto con instrumentos e música de diversos países.


Onte 5 de xullo, na Biblioteca Municipal Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo estivemos encantados de recibir a Paco Nogueiras coa súa , Radio BuleBule. espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Radio Bulebule” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.


Os nenos e nenas non pararon de cantar coa canción que lle da nome o disco “Bule, bule” pero axiña tocoulle o turno “Movendo o pé”, “Éxito vogal”, “Teño que investigar”, “Carmela é…”, “Un bo plan”… Tamén recibimos consellos de peiteado con “Pelos, melena” e tivemos un parte meteorolóxico moi particular con “Tempo tolo”.
Decir que nais e país tamen disfrutaron do espectáculo radiofónico.
Foi un auténtico pracer recibir a Paco na nosa biblioteca e esperamos telo pronto de volta con novos éxitos!!

En conmemoración ao Día Mundial do Medioambiente, para sensibilizar á sociedade sobre a importancia de garantir unha protección duradeira do planeta e dos seus recursos naturais, onte á tardiña, dende a Biblioteca Pública de Meis , puxemos de manifesto esta data coa actividade “Contos ANIMADOS ” da man do grupo Os Carballiños. Un espectáculo de animación á lectura, con historias, contos, maxia e personaxes fantásticos, no que coa interacción e participación do público asistente, puidemos adentrarnos no mundo máxico dos seres fantásticos que habitaban nunha maleta viaxeira, tales como: unha ra, un coello, un ratiño, un grilo, un can e moitos máis animais dos que debemos mimar e coidar día tras día para preservar o encanto que nos regala a nai natureza.

O pasado 31 de maio un grupo de nenos e nenas pasaron unha tarde entretida escoitando o conto “Os Nunkis” uns seres máxicos e invisibles, este acompañouse de música en directo e transmitiulles valores moi importantes como son a escoita, o respecto, o traballo en grupo….
Para rematar realizaron un obradoiro creativo onde non faltou a música e tanto cativos como maiores expresaron a través do debuxo o que lle transmitiu o relato.




A Ratiña Faifá, fixo desfrutar ós m
áis cativos de contos con exercicios de ximnasia.
Tamén descubriron as nosas emocións.
Un rato moi dulce e entretenido para os nosos pequenos
O venres 31 de maio tivemos na Biblioteca do Grove o escape room “Plan de rescate” baseado na novela de Antia Yañez. Esa tarde tivemos un pequeno problema, xa que desapareceran un grupo de usuarios da biblioteca. Tiñamos que atopalos antes de que pechara a biblioteca e para iso deberiamos estar moi atentos as pistas que se foran deixando. Tarde divertida na que o inxenio, pilleria e creatividades fixeron que puidesemos saír da biblioteca e rescatar aos usuarios.
Celebramos o Dia do Libro con nenos do CRA Amencer que visitaron a exposición bibliográfica “SOS Océano” e asistiron a un contacontos de Teatro Calavera titulado “Animaladas”, relacionado co Proxecto que estamos a levar a cabo este ano sobre a Axenda 2030 e os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible.






Séguenos