Sinfonía de Contos
A sinfonía de contos de Inma Soto e Tamara Soto musicou en arzúa contos e cantigas con participación de nenos e nenas.

A sinfonía de contos de Inma Soto e Tamara Soto musicou en arzúa contos e cantigas con participación de nenos e nenas.

A Biblioteca de A Arnoia, en colaboración co colexio público San Salvador e o Centro de Maiores, organizou unha xornada de lecer interxeracional co espectáculo ” Can de Palleiro (outro circo na biblio)”, cun resultado fantástico e cheo de diversión para todas as persoas participantes, de todas as idades.

A mañá do sábado 20 de xuño, Ariadna Santana presentou en Bergondo o seu espectáculo “Paraíso sensorial” ás crianzas máis pequenas composto por un conxunto de experiencias estimulantes que conseguiron espertar os seus sentidos e desfrutar dun tempo divertido en familia.

Paraíso sensorial – Biblioteca municipal de Bergondo

Paraíso sensorial – Biblioteca municipal de Bergondo
A actividade “A maxia da ciencia”, tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal de Barro como proposta de dinamización lectora e científica dirixida ao público infantil e xuvenil, na que participaron un total de 75 nenos e nenas.
A actividade, cunha metodoloxía práctica e participativa, estivo centrada na experimentación, co obxectivo de achegar conceptos de física e química dun xeito lúdico, accesible e motivador. A través de demostracións e pequenos experimentos relacionados con fenómenos cotiáns, fomentouse a curiosidade, o pensamento crítico e a capacidade de observación das persoas participantes, permitindo comprender que moitos efectos percibidos como “maxia” teñen unha explicación científica.
A actividade complementouse coa mostra bibliográfica de libros relacionados coa ciencia e a difusión da actividade “Viaxes literarias”, lotes de libros sorpresa para o período estival, favorecendo a continuidade do hábito lector durante os meses de verán


.
As nenas e nenos fixeron debuxos cunhas pinturas especiais que alumeaban na escuridade. Despois cada un deles, explicou o seu debuxo aos demais. Foi moi divertido!



Obradoiro de gravado. Iniciación a diferentes técnicas coa figura de Begoña Caamaño como vehículo condutor.
Adáptase a diferentes idades.

Este ano, para conmemorar o Día das Letras Galegas, chegou ata a nosa biblio Marisa Irimia coa actividade Begoña Caamaño: voces de sal e de herba, un entretido contacontos que fixo as delicias dos máis pequenos.


Contos e animación “COUSAS DA ALDEA” na ALM de Sobrado
16 de xuño de 2026
O público disfrutou moito da obra debido a interacción dos artistas cos asistentes durante o desenrolo da actividade o día



Séguenos