MAXIA NA BIBLIOTECA POETA CRECENTE VEGA DE CASTRO DE REI


MARTÍN CAMIÑA PRESENTOU NA BIBLIOTECA DE CASTRO DE REI O SEU ESPECTÁCULO UNHAS MAXIAS IMPARES, DEIXANDO ABRAIADOS A NENOS E MAIORES.


MARTÍN CAMIÑA PRESENTOU NA BIBLIOTECA DE CASTRO DE REI O SEU ESPECTÁCULO UNHAS MAXIAS IMPARES, DEIXANDO ABRAIADOS A NENOS E MAIORES.


Na calorosa tarde do mércores xuntouse un bo grupo de investigadores para descubrire o secreto, seguindo a refrescante música e os divertidos xogos que traía Iria (Trémola Teatro)Boa selección de fragmentos do libro “O Principiño” coa música de dous clarinetes en directo que acentúan as emocións. Sesión moi potente.

A lúa como protagonista nunha sesión divertida e participativa. Imaxinación en todo o relato.


Nun momento de reflexión …

O venres día 5 de xuño a Biblioteca Municipal da Estrada acolleu o seu segundo espectáculo do programa Ler Conta Moito do ano 2026. Nesta ocasión, recibiu a visita de Raquel Queizás e as súas Raposadas, con historias e contos que fixeron as delicias dos nenos e nenas estradenses.

Este pasado venres día 5 a cativada pasouno en grande con Ecoralia, a lambona ecolóxica”: música, maxia e rock para coidar o planeta.
Unha proposta musical e narrativa que nos ensinará a través das súas cancións e contos a importancia de consumir alimentos ecolóxicos, para coidar o medio ambiente, combater o cambio climático e garantir o benestar animal.

O pasado día 5, a nosa rapazada participou nunha charla sobre o impacto dos plásticos no medio ambiente. A continuación, puxeron as mans na masa nun obradoiro creativo utilizando lixo mariño recollido na Costa da Morte. Unha experiencia do máis gratificante que combinou a aprendizaxe coa diversión e a concienciación ecolóxica.

Fanny Medioambiente descubriu a través dos aparellos científicos o mundo da microbioloxía, e como se poden ver as pequenas, pequenísimas células que compoñen os seres vivos.
A cativa participante, que veu chea de curiosidade, estivo moi colaborativa e moi atenta a todo o que lle amosaron.




Séguenos