02/06/2026
O 23 de maio, sábado, estivemos no Centro Social de Carreira na compaña de
Veciños De Carreira escoitando preciosas historias sobre seres máxicos do reino de Galicia.
Soledad Felloza regalounos o seu bo facer e aprendeunos como naceu o arco da vella, por que os os mosquitos son tan guerreiros, ou como é que non se debe cazar cerva ningunha…
O mapa de Galicia con seres máxicos de Leandro Lamas fixo de guía visual, e as historias de Manuel Gago o soporte da narración de Soledad. Unha marabilla!
Se queremos saber máis xa ela nos dixo que todo está nos libros. Ler conta moito para saber tamén das cousas máxicas.
Coma en cada sesión os nenos e as nenas prepararon unha pequena presentación teatralizada do que máis queremos, a nosa lingua. “Levo o galego no corazón. Pum, pum. Pum, pum” é o lema, a súa magnífica interpretación é a ferramenta que nos conmove.
Vémonos nos contos os sábado ás 12.00 h no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira.
E recorade que a Biblioteca Pública Municipal de Ribeira está aberta de luns a venres de 9 a 14 h e de 16 a 21 h, e todos os sábdos de 9 a 14 h para que poidades ler, ou levar para a casa, os vosos libros favoritos.
Séguenos