Flora, a Alquimista, empregou procedementos experimentais e mesturas explosivas, poñendo en práctica experimentos modernos, e tamén nos achegou a coñecer e recoñecer a outras inventoras, das que nunca se oíu falar.
O venres 26 de xuño tivemos na Biblioteca Municipal de Poio un obradoiro de róbotica moi divertido: Autos Locos
.Logo de facer os autos fixemos varias carreras con eles.Fantástico!!!
O pasado 26 de xuño de 2026, Xiada Sanlés Míguez, a través de Animar-T, intentou adiviñar coa axuda dos máis pequerrechos da casa onde está o vento…? no Valadouro.
Unha actividade moi dinámica e divertida na que todos os participantes (grandes e pequenos) o pasaron en grande.
O pasado venres, 26 de xuño, unha vintena de rapazas e rapaces tiveron a oportunidade de asistir na nosa biblioteca a un obradoiro de maxia, de man da compañía LaGriotte.
O éxito estaba asegurado con estes novos “aprendices de mago”, que marcharon moi ilusionados a mostrar os seus novos trucos de maxia a familiares e amigos !!

No día de onte veu visitarnos Paco Nogueiras para presentarnos “Son animal”, un espectáculo onde os animais e os seus sons foron os protagonistas das divertidímas cancións que bailaron grandes e cativos.
O público bailou, cantou, saltou e, como non…bruou, piou e imitou a todos os animais que canción tras canción saían deste libro disco que Paco Nogueiras presentou na vila.

Unha actividade moi divertida e recomendable para todas as idades, na que o público participa activamente e desexa repetir.
Hoxe na biblioteca de Esgos aprendemos sobre as científicas galegas e sobre as propiedades da auga cunha chea de experimentos no obradoiro “Con ciencia de muller”


Pakolas presenta unha nova aventura didáctica e rockeira rebordante de imaxinación e aprendizaxe. A través das súas cancións danos a lección da importancia de coidar o medio ambiente. Unha tarde moi entretida e divertida.


Xa chegou o verán e con el, a calor… moita calor! Aínda que hoxe, a choiva e un gratificante fresquiño acompañaron a Marcos Dios Aguado que presentou en Brión “Historias de bicharracos”
Ler máis →

Unha mañán moi amena e divertida cos malabares de Paco; lanzamentos, xiros, equilibrios, etc. Con isto xeramos hábitos de xogo e potenciamos a conciencia corporal.
A Biblioteca acolleu recentemente unha sesión de contacontos moi especial que encheu o espazo de música, ritmo e moita diversión. A actividade, que correu a cargo de Eduvía Teatro, estivo centrada nas cantigas e nos ditos populares da nosa terra.
Os máis pequenos puideron viaxar no tempo a través das palabras, participando activamente na sesión mentres formaban corros e danzaban ao ritmo da nosa tradición oral. Foi unha xornada sumamente divertida e enriquecedora que amosa a importancia de achegar o patrimonio cultural á infancia dun xeito lúdico.



Séguenos