Alba de Vales trouxo a Cambre unha chea de contos e cantos de terra e tenrura

Na tarde do mércores 22 de outubro, Alba de Vales achegou á Biblioteca Central María Pita de Cambre, unha chea de contos e cantos de terra e tenrura.

Na tarde do mércores 22 de outubro, Alba de Vales achegou á Biblioteca Central María Pita de Cambre, unha chea de contos e cantos de terra e tenrura.

A tarde do mércores, 8 de outubro, a Biblioteca Central María Pita recibiu a visita de Pablísimo, co seu espectáculo sobre rodas ‘Cabicivai‘.
A Biblioteca Central María Pita de Cambre encheuse de boas vibracións co espectáculo ‘Ecoralia, a lambona ecolóxica’.


No día de hoxe Joshua Kenneth presentou un espectáculo de ilusionismo e maxia na biblioteca coa participación de nais e pais no que todos quedamos abraiados.


Hoxe pasou pola Biblioteca central María Pita un profesor de ciencias que ensinou aos rapaces e rapazas a relación que existe entre ciencia e malabares, deixando abraiado ao público asistente.


Hoxe, na biblioteca María Pita de Cambre enchimos a alma cos contos de Dani Blanco na que os protagonistas dos seus relatos non paraban de encher o bandullo.
O mércores 18 de setembro pasou pola nosa biblioteca Paula Carballeira para introducirnos nos contos de medo de bruxas, sapos e curuxas facendo partícipes as nenas, nenos, pais e nais que asistiron á actividade.


O ilustrador Óscar Villán ofreceu, este mércores pola tarde, unha amena charla na Biblioteca Central María Pita sobre os segredos da súa profesión. O encontro co pintor e ilustrador, un dos profesionais máis notables do panorama da ilustración de libros infantís, achegou ao público cambrés, ao proceso de ilustración dun libro e ás posibilidades que ofrece o mundo do debuxo, do libro ilustrado e da arte en xeral.

O público familiar de Cambre puido gozar onte dunha estupenda sesión de animación á lectura no marco da programación de Ler Conta Moito.

Onte á tarde, en Cambre, as familias gozaron da maxia das historias ilustradas na Biblioteca Central María Pita. A actividade consistiu nun contacontos con debuxo en directo.


Séguenos