OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA: COÑÉCETE A TRAVÉS DOS CUADRIÑOS. XOSÉ TOMÁS NA BIBLIOTECA CENTRAL DE CAMBRE

Xosé Tomás adéntranos no mundo da banda deseñada
Hoxe tivemos a sorte de contar na Biblioteca Central de Cambre co ilustrador e debuxante Xosé Tomás.
Falounos das diferentes acepcións da palabra cómic nas distintas línguas e concluiu recomendando a utilización de “banda deseñada”, pois efectivamente a súa temática non ten necesariamente que ser de humor.
Fixo unha pequena evolución histórica da banda deseñada para introducirnos na súa linguaxe: a importancia dos silencios, os globos ou bocadillos, os deltas, as liñas cinéticas, as diferentes formas de viñetas…
A actividade resultou moi interesante e Xosé Tomás moi ben valorado. A única suxestión: dispoñer de máis tempo.

Traballando as viñetas
Séguenos